tag:blogger.com,1999:blog-829149658000483240.post408497119672922757..comments2022-03-24T21:14:41.023+01:00Comments on Dende a outra beira: "Decepción Absoluta"Proidahttp://www.blogger.com/profile/09973335662947165545noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-829149658000483240.post-30846272993814753062009-03-04T21:48:00.000+01:002009-03-04T21:48:00.000+01:00Si Tyrion, mais a realidade é a que é e non a que ...Si Tyrion, mais a realidade é a que é e non a que Corina Porro, Núñez Feijoó e mesmo Rosa Díez queren facernos crer que é. Falo do tema do ensino en galego. Como se nota que, como pais e nais, non entraron nunca da porta para dentro das escolas. Como se nota que non teñen unha idea real do que alí dentro acontece. Unha mentira repetida milleiros de veces non deixa de ser iso: unha mentira.<BR/>Derogar agora o decreto que trata, con toda xustiza, de evitar a perda da nosa lingua gracias aos prexuízos que sobre ela espallan a diario persoeiros coma os que nomeei máis arriba, é un atentado, con todas as letras, contra o sistema educativo, contra pais e nais, e sobre todo, contra os nenos e nenas desta terra, a quen se lles quer impedir adquirir o que por lei é deles e o que ata o día de hoxe, con moitas dificultades, chegou a nós. O complexo de inferioridade social, económico e cultural é aínda brutal, quéiralo recoñecer ou non.<BR/>Se por xente desta ideoloxía fora, Galicia sería unha copia das Pardelas en materia lingüística, e iso, por suposto, utilizando tramposa e malévolamente as palabras, para dicir que cada un escolleu o que quixo.<BR/>Sabes que neste tema discrepamos fondamente, e, anque teño as túas opinións en grande estima e consideración, opino que o Decreto non pode nin debe ser tocado.Proidahttps://www.blogger.com/profile/09973335662947165545noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-829149658000483240.post-19211409644664791862009-03-02T19:34:00.000+01:002009-03-02T19:34:00.000+01:00o de mudar o decreto, ou pechar as galescolas... é...o de mudar o decreto, ou pechar as galescolas... é consecuencia de facer políticas sen o mais mínimo consenso, e de confundir chegar a tocar poder co "agora tócame a min".<BR/>Xa o comentamos mais veces, se fas esa política entón todo é coma un péndulo, agora ti, agora eu...tyrionhttps://www.blogger.com/profile/14464236237333472964noreply@blogger.com