sábado, 31 de octubre de 2009

martes, 27 de octubre de 2009

viernes, 23 de octubre de 2009

lunes, 19 de octubre de 2009

"La Coruña, el porrito, el roblecito" (artigo de Alfonso Álvarez Gándara)




"La Coruña, el porrito, el roblecito"
Alfonso Álvarez Gándara - Decano dos avogados de Vigo

Seica xa se amañou este asunto, “a nivel autonómico”, ben está. É coma un “happy end” pactado. Os representantes municipais volven polos foros de Sir Francis Vázquez, que tanto rendemento electoral lle dera, e o Secretario Xeral do PSdeG anuncia o seu apoio á iniciativa con tal que haxa consenso; pero como se sabe que non o hai, todo queda en augas de bacallau e a polémica acaba sendo remitida ao activismo grafiteiro da sucesión de intervencións particulares nos letreiros, con chapapote: A Coruña, La Coruña, A Corunha, A Cruña, A Crunha.Habería outras solucións: o referendo abreviado, en forma de inquérito municipal dirixido a cada fogar de Galicia, ou o circunloquio elusivo á moda florentina, consistente en lle chamar a Marineda “a cidade na que xoga o Deportivo”; non esquezamos que, no plano xudicial, tivera éxito a habilidade de designala coma “a cidade na que ten a sede este tribunal”.
Agora ben, para o caso de rexurdir esa arela conservadora e conservacionista do verdadeiro nome da querida cidade do norte (“siempre fue La Coruña, no sabemos a qué vienen estas novedades”) forza será ofrecer a outros concellos unha oportunidade parecida. As traducións non son difíciles e mesmo acadan unha simpática beleza.
Por exemplo:
EA Fonsagrada - La Fuentesagrada
A Lama- El Barro
A Merca- La Compra
A Mezquita- El Templo musulmán
Boimorto- Bueymuerto
O Bolo -El Bollo, El Cruasán
O Carballiño- El Roblecito
O Corgo- La Riera
O Pereiro de Aguiar -El Peral de Aguilar
O Porriño -El Porrito, El Canutito
O Valadouro -El Valle de Oro
Petín -Llamé
Pontedeume -Puentemedió
Redondela -Redondilla
Riotorto -Riotorcido
Sobrado -Planta Alta
Xunqueira de Espadanedo -Junquera de Lirios
E para alén das denominacións oficiais dos municipios, cabería revisar outros topónimos en procura de designacións máis cosmopolitas, coma:
Canido -Perroloco
Perdecanai- Pierdeconsumadre
Mollabao- Lo Mojaba
.Lavadores -Lava Dolores
E así sucesivamente. O que importa é soster un bilingüismo san con absoluta liberdade para a autodeterminación lingüística e pedagóxica. O galego é cousa do corazón, alenta no máis íntimo do noso ser e cada un debe usar del cando guste e – sobre todo – como lle pete. Non se pode impoñer, porque daquela sería peor. A presión xera rexeitamento. É irracional suspender a un galego alumno de galego porque ignora o galego. Tamén o ignoran conspicuas autoridades da Administración autonómica e non pasa ren. Non quero dar nomes nin pistas que poidan facilitar a súa identificación, pero alguén que participaba na última campaña electoral autonómica manifestábase así:“Este ano, teñemos que chear as furnas con os votos de os progresistas e de as progresistas galegas”.Esa é a verdadeira liberdade de expresión á que todos temos dereito. Tamén se nos debería recoñecer franquicia para falar o castelán así:“Este año, tejemos que allanar las burnas cos votos dos progresistas y das progresistas gallegas”. Á final, enténdese igual. Entenden os máis pequenos e as máis pequenas, os máis novos e as máis novas, os máis maiores e as máis maiores, todos e todas, tod@s e t@dos/as.Avísame Henrique Monteagudo para participar o venres vindeiro nunha rolda de prensa en Compostela, para darmos continuidade ao manifesto, “Galego, Patrimonio da Humanidade”.Celebro o convivio coma a honra que é. Alí estarei, se o tempo non o impide.

viernes, 9 de octubre de 2009

jueves, 1 de octubre de 2009

"Críos en las pateras" (artigo de César Casal)


Cada vez llegan más pateras con menores. Qué distintos son nuestros adolescentes de los de abajo. Aquí nos preocupa si son góticos o románicos, Twitter o Facebook. En África, les interesa solo comer algo. Aquí el partido de fútbol; abajo, que el estómago no se les hinche como un balón al tenerlo vacío. Aquí Hanna Montana o los Jonas Brother; en África, la música triste del hambre. Aquí, la velocidad de conexión a Internet; allí, romper la conexión con el vacío. Aquí, el primer beso. Allí, el primer bocado. Nosotros, turismo náutico, de recreo o de crucero. Ellos, navegación de cabotaje sobre apenas una suela de zapato. Ayer llegó una patera, otra. La avistaron en plena travesía. La auxiliaron y la trajeron a la tierra prometida, sin víctimas. Iba llena de críos. Se aventuran antes porque el hoy, el ahora, el ya es la única verdad que conocen. Y no tienen que perder, porque nunca tuvieron nada. Ofrecen, en la aventura de alta mar, la moneda que les queda, la vida, su vida, a cara o cruz. Si sale cara, ganan y se cuelan en España, Europa. Si cruz, pierden, se ahogan o vuelven al territorio del hambre. A los bueyes se les cuelga cabeza abajo en los mataderos para que se desangren. África está colgada cabeza abajo para desangrarse poco a poco sobre Europa. Solo nos importa explotarlos. Pero ya se nos adelantó China. Desconfía siempre de los corazones que no se saltan un latido.