miércoles, 6 de febrero de 2008

"Morte dun Río"






O día que ollei por vez primeira esta paisaxe
foi o día que quedou impresa na miña retina. É tan suxerente que moi ben podería facer de escenario para unha grande historia épica. As augas mainas dun río portador de grande experiencia, pois ven de percorrer a Galiza enteira, van finalmente unírense ás do Atlántico, mar fero e cheo de vida.
Os Celtas do Santa Trega coñecían mellor ca ninguén estas terras, que escolleron para se asentaren, teren os seus fillos e morreren. Claro que a paisaxe vista dende aquel monte é distinta. Eu prefiro este outeiro.

No hay comentarios: