miércoles, 11 de junio de 2008

"Acoso"


Estou farta de que me pregunten se teño a tarxeta carrefour, a tarxeta do corte inglés, a tarxeta do alcampo; de que me chamen á casa preguntándome se me interesa cambiar de compañía de teléfono, ou encargar conxelados. Estou realmente cansa de atopar no meu buzón propaganda de colchóns, electrodomésticos, piscinas, cortadoras de céspede, xardineiros,pizzas a domicilio, mamparas de baño...as páxinas brancas, as amarelas, as galegas, as provinciais...
Non entendo que me envíen cada mes a revista "natural" só por lles ter mercado un libro unha vez; que me envíen correos electrónicos ofecéndome un título universitario sen ter que ir á Universidade, ou viagra máis barata, ou reloxos de marca tirados de prezo. Anóxame que me acosen nos corredores do supermercado ofrecéndome probar os novos nuggies de polo con queixo ( menudo asco, iso cómese?), que me pregunten constantemente en todas as seccións se busco algo, ¡pois claro que busco, muller, senón non estaría aquí, pero prefiro seguir buscando eu mesma, sen a túa irritante e constante voz! E de que cando a caixeira me vai cobrar me pregunte se collín non sei que puñeta de tarxeta á entrada, que me dá dereito a un desconto do 20% salsichas frankfurt. Eu non quero salsichas frankfurt, señora! fágame o desconto na verdura e na carne, nos cueiros dos nenos, no leite, no pan, nos produtos de limpeza, no papel de wc, no peixe, na carne, nos iogurtes! Déixame de salsichas, que eu non como iso!
O que non aturo é que cando teño que visitar eses templos que chaman "grandes áreas comerciais", me asalten por cadanseu lado dúas "señoritas" que me ofrencen sendas tarxetas de banco a interese cero. Bótenseme para atrás, ou é que eu as molesto a vostedes? Un pouquiño de respecto, home!
Por non falar do tempo que me fai agardar a da caixa, ocupada como está en canxear non sei que puntos de non sei que promoción.
¡EU SÓ QUERO PAGAR E IR PARA A CASA, COÑO!

No hay comentarios: