jueves, 26 de junio de 2008

"Homenaxe á Arxentina"


Hoxe chegaron os meus tíos de Bos Aires. Galegos emigrados dunha terra que noutrora non foi quen de os alimentar, volven agora visitar á familia desmembrada. Imposible conter a emoción -nin falta que fai- e as bágoas de ledicia ao velos aparecer detrás das portas da sala de chegadas do aeroporto. Apertas longas e profundas, e frases entrecortadas de benvida. Moito bulicio no aeroporto: outras familias saudaban ós seus propios familiares.

Toda unha vida ouvindo suspirar ós daquí polos daló, recibindo cartas informando dos acontecementos familiares e das últimas novas en relación coa ditadura militar. Tristes novas de alén mar unhas veces, e gozosas outras, dependendo da situación da familia afastada.

A historia da nai que viu marchar tres das súas fillas para ficar triste, abandoada e louca, co niño inundado de pranto. A nai que non resistiu a soidade e decidiu deixar esta vida, louca quizais de dor e tristura.

Arxentina preséntaseme coma unha patria perdida, nunca sentida, pero algo propia. Á Arxentina cheguei no seu día á procura das raíces, ao reencontro co perdido. Sempre haberá unha razón para voltar alí.

Dende esta beira, dende este outeiro que non é o suficientemente alto esta vez para ver as terras da prata, quixer rendirlle a aquel país a miña particular homenaxe.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

No puedo escribir el gallego, por que, aunque lo entiendo, no lo escribo... Pero no puedo dejar de decirte que me emociona el comentario que hacés aquí...ciertamente los que nacimos de este otro lado, hemos recibido la transmisión y la enseñanaza de esas dos personas que ayer volvieron al lugar que los vió nacer. Y elos hicieron que también nosotros sintieramos esa tierra como propia...Te quiere !! Tu prima Esther (de Argentina),

Anónimo dijo...

te quiero!!!!gracias por existir!!!lo que decis es maravilloso y prueba que a pesar de las distancias, los mares ,las politicas, las economias, el sentimiento siempre puede mas , el amor que mi madre me enseño por toda la familia desconocida valia la pena. Ella era una de las tres ,la mayor que vino sola en un barco a los 14 años..... sentimientos profundos , dolores que el tamiz de la vida tambien dejo pasar...y asi llevo ese bagaje y con él camino por la vida . Te miro, miro al cielo y veo a mama y te digo que mi abrazo ya cruzo el Atlantico .Hasta pronto.
Cristina

Proida dijo...

Nin o tempo nin a distancia son para quen ama ningún obstáculo. Neste caso o amor foi inspirado por irmás que se quixeron ata o último día e ata o último día non deixaron de ter a esperanza de se volveren ver. A nosa herdanza é por iso preciosa e merece que a coidemos. A primeira vez que nos abrazamos dinme conta que estaba completando o meu puzzle persoal, que estaba pondo as pezas que faltaban.
A sangría da emigración fixo de Galiza un país de xente algo máis triste. Triste, moi triste ,debeu abandoar a súa casa a tía Gloria con só 14 anos, pero tamén a tía Amelia e a tía Beatriz. Debeu ser difícil de entender a necesidade de se alonxaren do único lugar coñecido, das persoas máis queridas. Hoxe estamos nós, cada unha na súa terra, unha terra que non nos expulsou, que nos permite vivir nela. Pasémoslles este testigo aos nosos fillos e así todo terá sentido unha vez máis.
Eu tamén vos quero.