miércoles, 4 de marzo de 2009

"Feijoó non terá fácil derogar o Decreto do Galego no Ensino"




COMUNICADO DE PRENSA
Resposta da CIG-Ensino ás declaracións do PP contra a nosa lingua no ensino

Diante da actitude belixerante contra o galego, manifestada polo secretario xeral do PP e próximo presidente da Xunta de Galiza que chegou a anunciar a futura derrogación do Decreto 124/07 de uso e promoción da lingua galega no ensino, a executiva da CIG-Ensino acordou, na reunión mantida hoxe, día 4 de marzo, manifestar o seguinte:

Sería inaudito e a primeira vez na historia que un presidente dun país, que acaba de ser electo, anuncie como primeira medida a tomar unha proposta en contra da lingua propia, malia estar totalmente marxinada no sistema educativo e cuns índices mínimos en canto ao seu uso.
Alén do uso electoralista que se fixo dunha fabulada persecución da lingua forte, o español, invertendo a realidade, o PP marca como obxectivo no seu propio programa acadar un ensino trilingüe. Como se entende entón que se queira derrogar un decreto que o único que estabelece é que o 50% das materias se impartan na lingua galega e que o alumnado acade a mesma competencia en galego que en castelán, ao remate dos seus estudos.
Pretende confundir a sociedade, apelando, demagoxicamente, á liberdade, cando o noso idioma non goza dos mesmos dereitos na Galiza que ten o Español. Todos sabemos que a aprendizaxe no noso idioma estivo proscrito e perseguido durante séculos e que, historicamente, é o único idioma asoballado e discriminado
Todos os docentes sabemos que mesmo aquel alumnado que recibe maioritariamente a docencia en Galego, unha minoría insignificante, remata os estudos con máis competencia en español que en galego e que a escola é un espazo de desgaleguización tal e como o proban as estatísticas que constatan que hai un maior número de alumnado que entra falando en galego que o que sae falando na nosa lingua.
Un presidente dun país non pode borrar os sinais de identidade máis importantes que ten ese país, comezando por derrogar as normas que tratan de amparalos e promovelos. O noso idioma, sinal fundamental de identidade, é usado por un 40% menos de mozos e mozas que a xeración dos seus avós, polo que só desde posicións que perseguen a súa desaparición se pode entender que a única lexislación existente que vela pola súa normalización se abandone á lei do máis forte, sobre todo se temos en conta que esta lexislación só aspira a que a nosa lingua chegue ao 50% das materias
Só desde unha perspectiva antigalega e unha mente colonizada se pode ver como un demérito a presenza da nosa lingua, a non ser que se pretenda a súa desaparición
Que non se esqueza que o Parlamento galego aprobou por unanimidade, tendo o PP maioría absoluta, co voto favorábel de Núñez Feijoo como parlamentario e vicepresidente da Xunta nese momento, o Plano de Normalización Lingüística que recolle nas medidas 2.1.26 á 2.1.30 que “como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego”

A CIG-Ensino quere facer público que o futuro presidente ten a obriga de desistir das súas intencións, por seren estas impropias de quen di que quere ser o presidente de todos os galegos e galegas, do contrario a CIG-Ensino reactivaría accións e iniciativas no ámbito do ensino para impedir esta agresión ao noso idioma.
Santiago, 4 de marzo de 2009

Anxo Louzao Rodríuez
Secretario Nacional da CIG-ENSINO


2 comentarios:

tyrion dijo...

se fora o decrato do 50% ninguén estaria a falar de derogalo. pero é que non é o decreto do 50% (o 50% é un mínimo establecido para unha das lingoas, pero ademaís, tamén se estableceu que o idioma a utilizar nas materias mais importantes sería somentes nun, ¿onde está o 50%?).
Oxalá se reformase para deixalo nun verdadeiro 50% ou nun 60-40, coido que tería o respaldo maioritario da sociedades galega...ah! non me lembraba !malditos bilingues diglósicos!

Saudos.

PD. a lei do péndulo nunca falla, se lle das para un lado, pronto virará para o outro.Unha magoa.

Anónimo dijo...

Unha mágoa, dame unha impotencia terrible que xente de fóra de Galicia pense que en Galicia hai unha imposición do Galego. Non é xusto, como non o é que o noso novo presidente use electoralmente a ligua.

Só queda movilizarse, anque dubido de que se consiga algo, pero algo hai que facer.

Hai un par de días un neno de cinco anos me dixo:

"Hablar gallego es de paletos"

Eu lle preguntei : "Entón eu son un paleto?"

E el me contesta: "Tu no, me refiero al idioma, es de paletos"

Lle preguntei de onde sacara iso e me contestou que el so chegou a esa conclusión.

Con este panorama o que habería que facer é unha campaña que potencie o respecto polo galego, e non derogra o decreto.

Ánimo, o que queda é falar, protestar se é necesario e chegar a algunha conclusión boa pra lingua, sen política polo medio