viernes, 8 de enero de 2010

"Só di Hola"

Depende de cada unha, mais en xeral ás árbores non lles importa nada que as olles en fite; elas seguen coma se nada, realizando as típicas funcións de calqueira ser vivo ( a saber: nutrición, reprodución e relación.), sen reaccionar á nosa ousadía. Proba incluso a abrazalas, a escoitalas coa orella pegada á súa cortiza: seguerán a ignorarte por completo , e ti poderás incluso escoitar o rumor do zume vital ao correr polos seus vasos por toda a superfície da árbore. Séntate á súa sombra; apoia o teu lombo contra o seu tronco á vez que les, que sei eu, o último libro de Saramago... a elas, impasibles, ergueitas e maxestosas, non lle molestará nin o máis mínimo a túa presenza, incluso pode que a agradezan. Bícaas, fálalles, acaríñaas... satisfai as túas necesidades relacionais; despídete delas efusivamente. logo, xa podes voltar para a casa coa satisfacción de te ter relacionado positiva e equilibradamente con outro ser.
Non se che ocorra facer o mesmo con outra persoa, a non ser que a coñezas ben, que sexa do teu círculo de persoas de confianza, xa que se non for así, pode resultar perigoso. Poderían interpretarse as túas mensaxes como sinais de loucura, ou estravagancia, ou desviación, ou, como mínimo, de condutas disruptivas.
Non deas a man, non biques. Só di Hola.

2 comentarios:

antonio serer dijo...

Mais um belo texto de Proida-a doce Filha de Breogán.É lamentável que se cultive tanto o desamor.Mas,falemos antes das nossas queridas árvores...Elas limitam-se a Ser(e sendo realizam-se).Não precisam de se justificar,porque não conhecem o medo.Não precisam do aplauso de ninguém,e não querem saber da fama para nada.São o que são e ponto final.Que grande lição nos dão,não é verdade?O grande Leonardo Da Vinci escreveu o seguinte:"A Natureza é o professor mais sábio que alguém pode ter".Um abraço para si e,como os Brasileiros gostam de dizer(e eu também),um beijo no coração.

Proida dijo...

Concordo totalmente con Da Vinci. Somos parte da Natureza, anque a nosa soberbia nos impide aceptar as súas regras e respectar os seus procesos e tempos...
Chegará un momento no que esta sociedade occidental na que a todo se lle puxo un prezo e na que as persoas somos medidas polo que temos e non polo que somos, no que teremos que mudar de rumo. Entementras, só podemos "invernar", igual que fan as árbores e plantas nestes fríos meses.
Agradezo imenso seu beijo no coraçao. Brasileiros, portugueses e galegos partillamos algo máis que a língoa!