
- Polo cada vez maior fracaso escolar do sistema oficial de ensino, que condea a catro de cada dez nenos a seren etiquetados de "fracasados".
-Polo tipo de ideoloxía que se transmite nas escolas: a competitividade e a uniformización son dous aspectos que adoitan estar presentes en todas as actividades que se fan nos colexos. Todo o contrario do que debería ser unha escola democrática, que forme cidadáns cultos e críticos.
- Polos fenómenos da violencia e do bullying, que cada vez son mais correntes nos colexos.
- Polo feito de que o sistema escolar está ancorado nuns métodos educativos e nuns contidos do pasado, que non están adaptados ás necesidades que ten a sociedade actual.
-Por motivos relixiosos, xa que para moitas familias a escola non resposta ás demandas de formación moral e espiritual que debería; para outras, os motivos son xusto os contrarios, xa que consideran que a relixión debería estar fóra da escola.
- Por motivos lingüísticos, xa que algúns pais néganse a que os seus fillos reciban a ensinanza oficial nunha lingua distinta á lingua materna dos seus fillos.
-Por varios motivos dos anteriores e algúns que non mencionei.
No noso país o "ensino doméstico" non está regulamentado, ao contrario que noutros países, como por exemplo Portugal, anque o certo é que non hai ningunha lei que obrigue a escolarizar aos nenos. A Constitución Española di que todos os españois teñen dereito á enseñanza, mais non especifica que esta teña que ser adquirida nun centro educativo. Por este resquicio legal é por onde as familias españolas que educan aos seus fillos nas casas consiguen recoñecemento, xa que prácticamente todas as que foron "inspeccionadas " polos organismos oficiais que velan polos dereitos dos menores, puideron seguir ensinando aos nenos na casa, constituíndo, de facto, o recoñecemento legal a esta situación.
Nos Estados Unidos é unha maneira moi habitual de se educar, anque hai máis facilidades para poder presentarse aos exames de obtención das correspondentes titualcións, e tamén escolas a distancia, que proporcionan materiais e guías aos pais ou persoas encargadas de proporcionar educación aos nenos.
As familias españolas que educan na casa, a miúdo matriculan aos nenos en escolas americanas a distancia, e unha vez finalizados os estudios, piden a convalidación dos títulos no MEC. Recentemente, constituíuse Epysteme, que é xustamente a que organiza a xuntanza de Toledo.
É evidente que esta é unha opción moi moi minoritaria e reservada a pais que poden permitirse proporcionarlles aos seus fillos unha educación deste tipo, ben porque teñen posibilidades de compaxinar esta actividade coa súa actividade profesional e tamén porque teñen a formación necesaria ou o diñeiro para lles facilitar os medios aos fillos.
En fin, a sociedade española cada vez é máis complexa.
En Portugal tamén hai familias homescholers, anque aquí acuñouse a expresión "ensino domiciliar" ou "ensino doméstico". Neste país están establecidas unha serie de probas e controis por parte da administración educativa correspondente que garante que o alumno está seguindo o nivel que lle corresponde pola súa idade.
Pois xa sabedes: se vos viñades prantexando que a escola oficial non resposta ás necesidades dos vosos fillos, hai alternativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario