miércoles, 12 de mayo de 2010

Goberno Socialista?

... preguntámonos na rúa. Pois menos mal! Que non se atreverían a facer os das dereitas, de gobernaren!

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

A saber...

(Xa sei que hoxe os funcionarios andades cabreados,e que o mal alleo non cura feridas propias; pero os outros patróns xa recortaron nas nóminas fai meses).

Bicos incrementados nun 5%

Paz Zeltia dijo...

non serei eu quen defenda este goberno, e agora que me baixan o soldo menos,
pero espero que non digas iso polas medidas tomadas estes días!
sería unha analise demasiado simplista, para vir de ti.

Proida dijo...

Mirade, os funcionarios, en xeral, danme prodúcenme tanta urticaria, que por non tratar con eles nin reclamar fun o sexenio ao que teño dereito, e mira que fai tempo que o cumprín...
Agora, os funcionarios descontentos aínda "funcionan" peor... polo menos nun 5% peor.
Peor me parece desprotexer a quen se atopa nun momento da vida no que maior medios precisa, cando falta a saúde, a forza e moitas veces a ilusión e a esperanza.
A miña análise, non sei se simplicista ou non, resúmese en que, queirámolo ou non, os nosos donos non van deixar de engordar as alforxas, aínda que nolo saquen do pelexo.
A caste política que temos é o peor de todo e non ten moito remedio: a máis necios, incompetentes e mediocres, máis arriba chegan.
Dicía Aristóteles, aló polo S. IV a.c. "Os homes instruídos son tan superiores aos ignorantes como os vivos o son aos mortos; o destino dos imperios depende da educación da súa xuventude"
Se isto é certo, ide botando contas do que nos queda que aguantar aínda...