
Aínda non deu marchado o último temporal que nos visitou esta semana, mais nada foi quen de facer contra a vontade renovadora da natureza; para mostra, aquí vos deixo estas froiteiras, todas vestidas de branco, que resistiron ventos e chuva, sabedoras de que en breve o inverno deixará paso á primavera e terán a oportunidade , unha vez máis, de se reproduciren.
No hay comentarios:
Publicar un comentario