jueves, 2 de junio de 2011

"O Noso Xardín"

No noso xardín hai vagalumes!!!( Aquí chámase "pirilampos")
Tamén temos amorodos...
Casiñas arbóreas para lles dar acubillo a certos seres fantásticos...
Flores, muitas flores!
Os pavos ás veces escapan do seu galiñeiro e veñen visitarnos, deixando algún presente...
As lagartixas teñen preferencia polas nosas paredes, dende onde observan, seguras, o mundo exterior.
Definitivamente, o noso xardín é unha das cousas que máis nos aleda o corazón. As cousas simples son as que máis felices nos fan.

No hay comentarios: