
Tamén nos explica a súa idea de nación, pondo en relación o seu rexeitamento ao "dialecto local" co seu ideario político:"nación es toda España y no solamente un remiendo".
Polo menos este señor é sinceiro. O que non sabemos é a que porcentaxe dos seus "colegas de profesión" representan as súas ideas, que manda aos seus feligreses por escrito periódicamente.
Pregúntome cal será a opinión dos habitantes de Vedra, que infelizmente para este cura, teñen a lingua galega como lingua materna e maioritaria.
Un caso máis para ilustrar a miña teoría sobre a esquizofrenia lingüística que padece este país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario