



Presento aquí o empreendemento turístico "Quinta das Mineirinhas", situado en Cerveira, concello portugués situado xusto enfronte de Goián, Tomiño. Cun emprazamento absolutamente expectacular, dende a quinta a paisaxe amósasenos sobrecolledora: ao norte, a montaña desnuda coroada polo cervo vencedor,abrázanos, protexéndonos dos ventos máis fríos; ao sur, o Río Miño vai morrendo aos poucos nas frías e batidas augas do mar. Un non sabe cara a onde mirar. Por se quixerades pasar uns días, na quinta hai apartamentos de 4 estrelas estupendamente equipados; tamén podedes refrescarvos nas piscinas ou tomar "Bacalhau á Mineirinhas" no restaurante "Casa das Velhas". Se vos namorardes daquel lugar, coma min, podedes mercar unha das "moradías" que hai á venda. Como queira que for, merece a pena visitar o lugar.
2 comentarios:
Tiña que vir ver, necesariamente este paraíso.
Haberá que ir miralo in situ; seguro que os arrecendos percíbense mellor.
Unha aperta
Aquí agardo a vosa vinda!
Publicar un comentario