Neste mes de xaneiro o meu blogue e máis eu cumprimos un ano na rede, escribindo apenas para min mesma, pero tamén para aqueles que dalgún xeito viñeron parar aquí, ás veces por puro azar e ás veces, supoño, á procura deste meu xeito de ver as cousas.
Este espazo que aquí criei éme imprescindible, e moi a miúdo sorpréndome escribindo mentalmente as miñas entradas no blogue. Funciona ás veces como unha sorte de arquivo escrito do bocadiño de realidade que me tocou vivir, e outras simplemente coma o lugar no que realizar algunha que outra pirueta intelectual coa linguaxe escrita. Sexa como for, este blogue xa me é moi querido.
Para os seus posibles visitantes, simplemente deixo saúdos. Nesta rede de redes, de camiños que se entrecruzan unha e outra vez, imos coincidindo inevitablemente e enriquecéndonos mutuamente, así que ogallá este blogue contribúa algunha vez a enriquecer, anque sexa mínimamente a alguén.
Dende a outra beira, a constancia da miña existencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario