lunes, 9 de febrero de 2009

"Galicia Bilingüe maniféstase en Santiago para defender o castelán ( ou en contra do galego?)"

... e no seu foro web ocorríanselles estas "ideas" de cara ao día de hoxe...
Sen palabras...
Por outro lado, unha "contramanifestación", convocada por diversas orgarnizacións. A policía cargou contra ela e son unhas dez as persoas detidas. Hai un video, que se pode ver aquí: http://www.vieiros.com/nova/71895/video-da-contramanifestacion que, ao meu parecer, reflicte o que parece ser unha "sobreactuación" da policía.
Detrás da manifestación de Galicia Bilingüe, produciuse outra, convocada dende as webs http://seioque.com/index.php e http://libertinajelinguistico.blogspot.com/2008/10/voluntariado-por-la-lengua-comn.html( "Sei o que nos figuestes... nos últimos 525 anos" e "Mesa contra el libertinaje lingüístico"), de carácter festivo e ridiculizante da postura de Galicia Bilingüe, e que berraba consignas como "Que se metan por el recto su puro dialecto", "Mañana Galicia será Castellana"ou " Menos gallego, más religión".
Ai, menudo problema que tedes desoutro lado!!! Menos mal que me cambiei a tempo!!! Aquí non é previsible que Galicia Bi-lingüe veña manifestarse en defensa dun Portugal bi-lingüe ( anque, ca actitude de moitos españois, que veñen acó pensando que á forza os hai que entender en castelán, nada me estranaría!).





No hay comentarios: