As pedras do castelo encerran unha parte moi importante da historia de Portugal: a da súa propia formación. Foi edificado no século X e ocupado por Don Henrique de Borgonha, que veu desde esa rexión francesa para contribuír ao proceso de "reconquista" aos mouros, e que axudou ao rei Alfonso VI de Leon e Castela a conquistar o Reino da Galiza, que constituía por entón a moderna Galiza e o norte de Portugal. O rei Alfonso criou así un "estado tapón", o Condado Portucalense (territorio ata o momento dependente do Reino da Galiza) que evitaría que o poder galego avanzase polo territorio portugués e puidese restarlle poder.
D. Henrique de Borgonha, anque nunca ocupou o título de rei, é tratado como D. Henrique I de Portugal por algúns historiadores, que o consideran o primeiro rei portugués.
Sobre o castelo de Guimaraes, o certo é que se trata dun lugar para visitar moitas veces, e en todas a sensación é distinta. É un castelo en ruínas, sen teito, así que o día escollido para visitalo farao distinto cada vez. Esta vez estaba cheo de auga apozada en todos os recunchos das rochas, en todos os buraquiños da pedra.

En resumo, unha visita a Guimaraes fará que concordedes comigo en que Portugal é un país único pola beleza dos seus pobos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario