A miña amiga O ( que só é un pouquichiño menos cáustica ca min) e eu temos como costume, cada mañá, e antes de comezar a traballar, botarlle unha ollada ao xornal na búsqueda de fotografías de políticos "guapos". Dado que vivimos instaladas nun estado xeral de decepción e pesimismo con respecto aos verdadeiros intereses desta xente unha vez chega ao poder, chegamos á conclusión de que o único interese que espertan en nós é polos seu físico, máis ou menos agraciado ( e é que somos de carne e óso... sobre todo do primeiro...).
De momento, déixovos a miña proposta para presidir o "listado": trátase de Íñigo Urkullu, presidente do PNV, que, sen ser unha beleza, ten "algo" ... Estes días sae moito nos medios, meu pobre, defendendo o indefendible, mais é esa gravidade súa, esa afectación dos políticos vascos ao falar da "causa nacionalista" o que lle dá a gracia.
Non me digades que non é "riquiño", por deus, que como mínimo, ten o mérito de ser dos poucos do PNV que conserva o pelo todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario