martes, 31 de mayo de 2011

"Unha granxa para ofuturo"

"Contra os Transxénicos"


Manifesto Plataforma

http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node/6


Os organismos modificados xeneticamente (Oxm´s) obtéñense mediante a enxeñería xenética, que permite crear plantas, animais e microorganismos manipulando os seus xenes.

Nos últimos anos, esta técnica foi utilizada para intentar introducir novas características nos cultivos e, dende fai pouco máis dunha década, seméntanse nalgúns países variedades modificadas xeneticamente (Oxm´s), principalmente soia, millo, algodón e colza.

Por outra parte, os coñecementos científicos actuais non son suficientes para predicir con exactitude tódalas consecuencias da manipulación do novo organismo no que se introduciron xenes estraños, nin a súa evolución e interacción con outros seres vivos unha vez liberado un Oxm´s ao medio ambiente.

Balance da aplicación de OXM´s na agricultura
Tras once anos de cultivo, comprobouse que as sementes modificadas xeneticamente non reportan os beneficios prometidos pola industria biotecnolóxica.
•Contaminacións xenéticas. Contaminación por produtos químicos.
• Perigo para a biodiversidade silvestre e agrícola.
• Erosión dunha agricultura e alimentación libres de transxénicos.
• Danos a labregos e labregas por perda de mercados.
• Conflitos entre labregos e labregas.
• Expulsións do ciclo produtivo dos labregos e das labregas de menor escala.

Os impactos sobre o medio ambiente están cada vez máis documentados:
•Contaminacións de especies silvestres emparentadas.
•Redución da biodiversidade.
•Contaminacións químicas do solo e dos acuíferos.

Porén, os organismos xenéticamente modificados (OXM´s) non aportaron melloras na calidade dos alimentos, senón grandes incertezas sobor da inocuidade dos produtos que conteñen ingredientes Oxm´s, sobre todo a medio e largo prazo.

A utilización da enxeñería xenética na agricultura non pode considerarse unha simple ferramenta de produción. O debate sobre os cultivos MX vai moito máis alá da mera aplicación dunha tecnoloxía nova, e prantexa certas cuestións éticas ca sociedade non pode eludir.

Os/as cidadáns endexamais demandaron alimentos transxénicos.

Nin os demandan hoxe en día.

A súa introdución responde ás estratexias de mercado dunhas grandes empresas que aspiran a facer negocio coa alimentación

A introdución dos Oxm´s na agricultura responde a uns intereses económicos dunhas poucas multinacionais que intentan forzar a entrada dos alimentos transxénicos a pesar do rexeitamento da cidadanía.

No Estado Español cultívanse arredor de 77.000 Ha de cultivos XM, sendo o líder europeo no mesmo, tamén un dos principais exportadores deles.

MENTIRAS TRANSXÉNICAS. Argumentos xenéticamente modificados.
1. Os organismos xenéticamente modificados non contribuíron a aliviar a pobreza nin a fame no mundo.
Ao contrario, as aplicacións comerciais da biotecnoloxía na agricultura están aumentando a brecha que separa a pobres e ricos. A maior parte das colleitas MX destínanse á alimentación gandeira, é dicir, para satisfacer o consumo de carne dos países ricos.
2. Ao igual que no conxunto dos europeos, unha maioría da poboación oponse os alimentos transxénicos. O barómetro español de setembro de 2006, di cos alimentos transxénicos son unha das dúas cuestións relacionadas coa alimentación que máis preocupan aos cidadáns. Temos dereito a saber o que consumimos e a decidir sobre elo, así esa decisión sexa ideolóxica, política ou ética.
3.Redución no uso de produtos tóxicos, as plantas tolerantes ao herbicida permiten aos labregos usar grandes cantidades dos mesmos, a aparición de resistencias nas “malas herbas”, obriga a incrementar o uso dos agrotóxicos, é dicir mais ganancias para as grandes multinacionais dos agrotóxicos.
4.Creación de alimentos con maior calidade nutricional e terapéutica. Ao día de hoxe ningún Oxm´s conten ditas características, máis creanse incertidumes : alerxias, resistencia a antibióticos, maior concentración de agrotoxicos...

UNHA AMEAZA PARA A SAUDE
Alerxias: Está demostrado cos cultivos transxénicos poden introducir nos alimentos novos compostos que provocan alerxias.

As probas as que sométense normalmente, sen embargo, non permiten descubriras súas propiedades alerxénicas.

Toxicidade: A manipulación xenética pode esti­mular a produción de doses maiores de sustancias tóxicas presentes de xeito natural nas plantas e/o a apa­rición de compostos novos daniños para a saúde.

Xa está pasando -> O estudo toxicolóxico do millo MON 863 autorizado para consumo humano na Unión Europea Xaneiro 2006 revelaba danos nos riles e anomalías no canteo de gló­bulos brancos dos ratos que consumiron este millo transxénico. Os resultados do estudo, que Monsanto intentou manter no segredo declarándollo "información comercial confidencial" para evitar a súa divulgación, non foron investigados a fondo nin repetiron os ensaios para verificala causa das alteracións, consideradas preocu­pantes por varios comités científicos nacionais.

Resistencias os antibióticos: A maioría dos cultivos transxéni­cos actuais levan xenes marcadores de resistencia a antibióticos e pode contribuír a creación de bacterias resistentes, dificultando o tratamento das enfermidades infecciosas.

Xa está pasando -> En Agosto 2004 a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria recomendou a retirada do millo insecticida resistente a ampicilina, cultivado no estado español dende 1998, polos seus riscos para a saúde. A autorización de sementeira no estado español foi derrogada en Xuño 2005, un ano despois, mais non se tomaron medidas para retirala colleita, nin se revocaron o permiso de comercia­lización europeo

Novas enfermidades: A profusa utilización de virus e bac­terias (ou de elementos procedentes de virus e bacterias) no proceso de manipulación xenética das plantas pode contribuír a creación de novas enfermidades e supón un grave risco para a saúde humana.

Xa está pasando -> O "salto" dun virus da gripe aviar o ser humano evidencia a importancia que ten a barreira das especies e a ameaza que supón a posibilidade -por moi remota que sexa- de ca inxeniería xenética poda activar virus latentes ou axudar a outros a saltar unha defensa que é crucial para os seres vivos.

O mercado transxénico apóiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización das sementes . Está en xogo nada menos co control da agricultura e a alimentación nunhas poucas mans, o que pode conducir a unha situación moi perigosa para a independencia e supervivencia de pobos, países e do conxunto da Humanidade.

Non debemos permitir ca nosa riqueza pase as mans das grandes multinacionais nin a nosa cultura, temos que ser capaces de manter a nosa independencia o máximo posible do ataque da globalización do noso pais, e de autoxestionar a nosa economía e alimentación.

A soberanía e a nosa seguridade alimentaria dependen da nosa biodiversidade e da riqueza dos nosos pobos coma consecuencia da sabedoría e os coñecementos transmitidos de xeracións en xeracións.

O mantemento dunha agricultura libre de transxénicos é indispensábel perante dos moitos interrogantes en termos de rendemento, de problemas ambientais, ou de saúde, dos cultivos manipulados xenéticamente.

De aí a esixencia irrenunciábel de que se aplique o principio de precaución e a Cláusula de Salvagarda. Dita clausura está prevista no articulado 23 da Directiva 2001/18/CE. Fixa que se un estado ou rexión dispón de nova información que certifica que un determinado transxénico supón riscos para a saúde humana e o medio ambiente poderá restrinxir ou prohibir provisionalmente no seu territorio o uso ou a venda do mesmo.

Esiximos o dereito a Soberanía Alimentaria, entendendo como tal o dereito a elixir sobre que tipo de alimentación queremos consumir, quen a vai producir, como e donde vaise cultivar e na elección das políticas agrarias que nos afectan como Pobo.

Non esquezamos que a declaración universal dos dereitos humanos considera a alimentación e ao benestar nutricional como un dereito fundamental das persoas.

O mundo necesita enfoques agrícolas sostíbeis, é hora de que os gobernos e os especialistas adiquen as súas enerxías e recursos a desenvolver tecnoloxías e políticas compatíbeis coa protección do medio ambiente, unha produción segura e de calidade e un reparto xusto entre tódolos seres humanos.