miércoles, 6 de julio de 2011

"Sensibilidade Química Múltiple"




Que a grande maioría dos materiais e substancias cos que estamos en contacto a diario son tóxicos, en pequenas e/ou grandes cantidades é un feito amplamente coñecido e recoñecido mesmo por quen fabrica os propios produtos. Exemplos moi escandalosos son a presenza de substancias capaces de producir disfuncións importantísimas en órganos vitais e distintos tipos de cancro en cosméticos de uso cotián: parafinas líquidas, procedentes do petróleo, en aceites para bebés; ftalatos, que producen esterilidade masculina, nos plásticos cos que se elaboran obxectos cotiás como recipientes de comida, cortinas de baño, brinquedos para bebés, etc, e nón só nestes obxectos senón tamén nos cosméticos como champús, suavizantes, cremas anti-engurras, etc; fenol e fenil, dous alcoholes capaces de afectar ao sistema nervoso, fígado, pel, etc, en cosméticos, lacas do pelo e enxaugues dentais; colorantes, solventes, fragancias artificiais e centos e centos de substancias químicas artificiais que están presentes en absolutamente todos os obxectos cos que temos contacto a diario, como a cola coa que están pegados os móveis da nosa casa, ou a tinta coa que están impresos os libros, ou os tintes cos que nos tinximos o cabelo, os ambientadores e desodorantes, antimosquitos e plásticos diversos nos que gardamos a comida... Por non falar dos limpadores que utilizamos para desinfectar o baño, o chan das nosas casas, os limpa cristais, os xabróns da lavadora, suavizantes da roupa, etc... e do teflón co que están recubertas as nosas tixolas, que emana substancias velenosas ao alcanzar determinada temperatura cando cociñamos.
Resulta que o noso modo de vida está fundamentado na toxicidade de todo o que o substenta! Pois ben, parece que o síndrome de sensibilidade química múltiple, a fatiga crónica e outras enfermidades de nova aparición e sen recoñecer actualmente en moitos países, entre eles o noso, están aumentando exponencialmente entre a poboación e incapacitando a quen os padece para traballar e seguir levando unha vida normal, estando obrigados a recluírse nas súas casas, que converten nun búnquer onde os tóxicos se limitan ao mínimo posible para poder sobrevivir. Aparentemente, o noso organismo é capaz de tolerar unha cantidade de tóxicos máxima e chega un momento que se satura, enfermando todos os nosos sistemas á vez e manifestando síntomas propios de múltiples enfermidades, como problemas respiratorios, articulatorios, dixestivos, nervosos, alérxicos, et. A miúdo os médicos son incapaces de recoñecer a enfermidade, pola Utilizar produtos elaborados con materias primas o máis naturais posible e libres de tóxicos é a solución que atoparon estas persoas, e demóstrase que deste xeito poden levar unha vida máis ou menos normal, pero claro, lonxe do resto da sociedade.
Veño de ler sobre o tema e tamén de comprobar que todos nós poderiamos vivir rodeados de produtos naturais se nos concienciarmos do importante que é manter a nosa saúde e a dos fillos a salvo dos intereses económicos de quen se enriquece á conta de vendernos un produto a sabendas de que é tóxico, como acontece coa maioría das marcas que fabrican todo o que utilizamos a diario e que, como legalmente poden permitirse seguirnos envelenando, nada invisten en ver de que maneira hai que modificar a fabricación para facer o produto non tóxico. Porque existen marcas que así o fan produtos á venda libres de tóxicos, é que sabemos que é viable.
Acabaremos todos recluídos nas nosas casas, incapacitados, igual que estas persoas que anónimamente sofren a avaricia da sociedade? Acabarán os nosos fillos coa saúde destrozada só porque nós, coñecedores do estado das cousas, nos negamos a cambiar as cousas?
Entretanto, optar por produtos sans no posible, ecolóxicos, consultar sempre as etiquetas dos produtos e ler, informarse, que é o único que se me ocorre.
Deixo uns enlaces interesantisimos ao respecto:

http://www.dsalud.com/index.php?pagina=articulo&c=499
http://nofun-eva.blogspot.com/
http://nofun-eva.blogspot.com/2008/08/cosmtica-natural.html
http://nofun-eva.blogspot.com/2008/07/una-casa-saludable.html
http://nofun-eva.blogspot.com/2008/11/utensilios-de-cocina-y-toxicidad.html