Salud cotidiana con criterio profesional
Hace 5 horas
Poucos teñen feito tanto pola lingua e literatura galega dende o mundo anglosaxón. Jonathan Dunne puxo esforzos e cariño na edición nesta obra antolóxica da nosa literatura para pór os versos e a música dos nosos poemas e obras máis senlleiras á disposición de, principalmente, ingleses e americanos. No mundo anglosaxón xa se abriu camiño Manolo Rivas, grazas precisamente ás traducións feitas por Jonathan.
Con Uxío Novoneyra teño coincidido en ocasións co gallo dalgún acto ó que nos levaba a militancia común. Era un dos "maiores" da causa, un referente para todos os que daquela pensabamos que o futuro de Galiza pasaba, inevitablemente, polas nosas mans. Formando parte da "organización", man con man cos compañeiros e compañeiras, coa ilusión de cambiármolo mundo...