lunes, 25 de marzo de 2013

"Deixade o chocolate!!!"


 
Nenos entre 11 e 14 anos son captados en Mali, Nixeria e Burkina Faso,algúns coa promesa de gañaren diñeiro para as súas familias, e logo levados ao outro lado da frontera; outros, raptados nas proximidades das aldeas. Logo son levados ás ciudades fronteirizas con Costa de Marfil, onde son levados ao outro lado da frontera e logo  comprados polos donos das plantacións e obrigados a traballar en condicions de escravitude.
Os donos das plantacións páganlles por facer este traballo de transporte. No vídeo, un traficante di que se alguén das poboacións limítrofes che di que non trafica, minte.
En última instancia, Nestlé e compañía son as beneficiarias da explotación. Págaselle ó produtor 1 euro por quilogramo de cacao, o cal dá para facer 40 tabletas de chocolate en Europa. Co prezo que aquí alcanzan segundo que marcas... calculade e non vos espantedes de que os periodistas que tentan investigar o tema acaben desaparecidos e dos nenos roubados impunemente nos camiños nunca máis se saiba.
E agora que podemos facer nós??? Pois difundir e boicotear ás marcas que se benefician desta crueldade inimaxinable.

"Renunciar á comodidade"

Aquí sigo, observándoo todo, e a pesar do sorriso da foto (algo forzado), con moita preocupación; polos cambios traumáticos que está a experimentar a sociedade e peor aínda, polo que parece que está por vir.
 
O peor de todo, comprobar ata que punto estaba todo corrompido e apodrecido; só comprobalo, porque sempre tiven para min que a sociedade deste país, xurdida directamente do franquismo, asenta os seus alicerces en crenzas profundamente antidemocráticas e intolerantes.  Con semellante herdanza é imposible  criar algo limpo, aínda que teñan pasado 40 anos.
 
Logo, a insoportable dobre moral que fai que de repente todos se fan de novo e se escandalicen ante o emerxente número de casos de corrupción que saen á luz cada día, como se todos nós non tiveramos parte activa nesta e en todas as redes de corrupción existentes, por acción e/ou omisión.
 
Ou é que alguén se cría que había algo de transparente e democrático nos partidos políticos, alo menos nos dous grandes? E nos sindicatos? Todos coñecemos "profesionais" da política, do sindicalismo, de asociación "sen ánimo de lucro", de asociacións culturais", etc. e en moitos casos sabemos que son todo menos un modelo a seguir.
 
Esta mentalidade caciquil que aniña nas mentes da cidadanía, incapaz de ser, vivir e pensar libremente; incapaz de prescindir dos favores e por tanto cautiva das débedas que estes levan implícitas; esta estreitez de mente e curteza de miras, que rexeita ferozmente a crítica e aínda menos a autocrítica... Esta cultura, digo, será a que produza algo mellor?
 
Moito me parece que non.
 
Sabedora de que os problemas non se solucionan co pesimismo e o abandono, creo que hai que facer algo, e que debe ser completamente radical. Se cadra o primeiro é reflexionar sobre o tipo de sociedade que nos gustaría crear, onde nos gustaría vivir a nós e aos nosos fillos. Preguntémonos se queremos máis do mesmo, do que "disfrutábamos" antes desta "crise".
 
A tensión aquí é inevitable, xa que evidentemente a clase dominante,por ser a posuidora da riqueza do país e por ser a que disfrutou e disfruta da maior "calidade de vida", é a primeira en rexeitar calqueira cambio que vaia contra o seu estatus.
 
Hai que lembrar que ningunha das conquistas sociais que se coñeceron ao longo da historia foron gratis ou cedidas voluntariamente por esa clase dominante, que en todo o planeta se comporta igual. Dubido que as conquistas do futuro sexan menos traumáticas.
 
Sospeito que calqueira proceso que puidese conducirnos a algo mellor,ou polo menos a non seguir empeorando, pasa por estar disposto a renunciar á comodidade de pensar que se seguimos aquí, sentados, contemplando os actos desta grande traxedia que nos toca presenciar.
 
E é que ademais de outros moitos adxectivos, outro dos que nos adorna é o de covardes.