Estes últimos días din en indagar sobre algúns dos que os autores chaman "escritores malditos". Concretamente, estou a falar dos tres irmáns Panero e de Eduardo Haro Ibars. Sobre o máis vello dos fillos de Haro Tecglen, estou a ler "Tras los Pasos del caído", do periodista de Tomiño J. Benito Fernández.
Esta minuciosa biografía de Eduardo (fillo) reconstrúe, a partir de testimonios proporcionados por todos aqueles que coñeceron ao polemiquísimo personaxe, a vida dunha persoa que dende a infancia dá mostras de grande talento intelectual e dunha capacidade indiscutible para a literatura, mais o tipo de vida que escolle ( ou ao que se ve empuxado) é tan autodestructivo que impide que cristalice nunha obra ampla, acabada e completa. Eduardo, a quen algúns apodaron "o poeta da Movida", morre aos corenta anos a causa da SIDA. Sobre o libro de J. Benito Fernández, diría que ten doble valor: o de contar os acontecementos, persoas e lugares que foron marcando a vida do biografiado, e o de acompañar as súas vivencias con descricións pormenorizadas da sociedade española da época que lle tocou vivir a Eduardo.
O mesmo biógrafo de Eduardo Haro Ibars, ten escrito un libro sobre Leopoldo Mª Panero, segundo dos tres fillos de Leopoldo Panero: "El Contorno del Abismo". Trátase, igualmente, dunha biografía sobre o que algúns autores chaman "o mellor poeta español vivo". Leopoldo Mª, adicouse de por vida á literatura, igual que os seus irmáns. Actualmente, e prácticamente dende a súa adolescencia, vive nun centro psiquiátrico. Hai unha película de Jaime Chávarri onde os tres irmáns, xunto coa súa nai, falan do pai xa falecido e das relacións familiares dos Panero: "El Desencanto". Maxistralmente rodado, o filme vai deixando entrever as personalidades de cada un dos irmáns Panero (Juan Luís, Leopoldo Mª e Michi) e da súa nai, xa viúva do grande escritor, Felicidad Blanch. Podédelo visualizar aquí :http://video.google.es/videosearch?hl=es&q=despues%20de%20tantos%20a%C3%B1os%20ricardo%20franco&um=1&ie=UTF-8&sa=N&tab=wv#q=el%20desencanto&hl=es&emb=0
Máis tarde, Ricardo Franco rodaría "Después de tantos Años", como epílogo de "El Desencanto". Podédela ver en http://video.google.es/videosearch?hl=es&q=ricardo%20franco%20tantos%20a%C3%B1os%20despues&um=1&ie=UTF-8&sa=N&tab=wv# e nela aparecen os tres Panero á altura do 1994, distanciados e atravesando por sendas etapas de decadencia, física e mental. Analisan as súas relacións (ausencia de) e os seus sentimentos ao respecto.
Leopoldo Mª Panero e Eduardo Haro Ivars eran contemporáneos e tiveron unhas relacións turbulentas a tódolos niveis, e, anque a súa obra é radicalmente diferente, as súas vidas víronse dalgunha maneira "malditas" ou "maldecidas", como dicía Eduardo.
Cando se contemplan vidas coma as de todos estos personaxes un non pode menos que prantexarse unha das grandes clásicas cuestións: a razón e a finalidade de vivirmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario