miércoles, 18 de febrero de 2009

"Votar-emos?"















Facendo uso da expresión que o"alemamalo" (http://alema.org/bueno/) defende como nidiamente galega e digna de ser recoñecida pola RAG, comezarei a miña reflexión de hoxe cun Bueno, bueno, bueno! como está a caste política do país (do nóso) nesta campaña electoral!!!
Preséntovos -por se andades despistados- aos tres individuos que aspiran a ser presidentes da Xunta, nin máis nin menos! Estes días andan arrastrándose polas vilas, cidades, urbes e corredoiras galegas, igualciño que andou toda a vida o alcalde do meu Concello arrastrándose polos bairros de cada un dos pobos cada vez que se convocaron eleccións municipais. Chamábamoslle cacique, porque era do PP e non tiña exactamente un modo de proceder moi democrático, nin durante a lexislatura nin durante o periodo electoral. Agora hai alcalde novo, disque de esquerdas. Tería que me pór ao día sobre as grandes melloras que á forza tivo que haber nestes anos de co-goberno, mais a tenente de alcalde é amiga persoal e prefiro non afondar no tema... porque lle quero moito.
Véxoos, aos políticos, noutra órbita, distinta doutras convocatorias: sitúanse no mesmo medio do "tenderete" que fan montar en cada sitio onde "actúan". Xa non teñen estrado: van xirando ao redor do público ( situado estratéxicamente para as cámaras e convintemente aleccionado para saber cando aplaudir, que actitude adoptar e en que momento exacto do tempo e espazo enarbolar a bandeiriña coas siglas do partido) ou sobre sí mesmos, para que a súa voz inunde todos os recunchos do circo. Como moito séntanse con non máis de media nádega apoiada nun taburete e unha man pousada na outra, apoiándose as dúas á súa vez nunha das pernas, a máis elevada; coma quen xusto se apoia naquel taburete que resultou estar alí por pura casualidade. E é que son as manifestacións máis evidentes do "fenómeno Obama", que, infelizmente, só se notan niso: a nádega equilibrista no taburete casual.
Polo demais: máis rancios cá nunca, máis aburridos, pesados e repetitivos. Veña invocar a Euskadi e Cataluña, veña falar do goberno de progreso... Son coma unha desgraza que nos caeu aos galegos e galegas: esta caste política cuxa talla intelectual, política e moral é ínfima. Non hai máis que fixarse nas listas!!! E pretenden que os votemos! Con algunha delas, o que tiñan que ter feito é deixala en branco se o único que teñen para nos ofrecer é a persoas sen experiencia de ningunha clase, nin capacidade algunha demostrada de xestión en lugar algún!!! Tiñan que agochalas, non irllas repartindo á xente! Neste punto prefiro non afondar tampouco, non vaia alguén a ofenderse. Mais é o que hai!!!
Así as cousas, a decisión está moi difícil: outra lexislatura coma esta ( a da decepción e o convencemento de que algúns estarían mellor facendo oposición, que é o que sempre se lles deu ben) ou unha Galicia "gobernada sin siglas" polo dos zapatitos castellanos?
Ai, que confuçao!

No hay comentarios: