lunes, 16 de junio de 2008

"España Ingovernable"



O do cadro é Amadeo de Savoia, o duque de Aosta, fillo do rei de Italia . Era fillo dunha bisneta de Carlos III e corría polas súas veas sangue Habsburgo. Foi chamado para reinar este "país" logo da fuxida de Isabel II. Constituíuse un goberno liberal, aprobouse a Constitución de 1869 e buscábase novo rei.
Progresista, católico, másón, dunha dinastía emparentada ca española, Don Amadeo foi o escollido. Ofrecéuselle o trono e aceptou. Era o primeiro rei deste país escollido por un parlamento!!!
En 1871 chega a España e xurou gardar e facer gardar a Constitución e as Leis do Reino.
O caso é que o novo rei non foi quen de entender a política española:«Ah, per Bacco, Io non capisco niente. Siamo una gabbia de pazzi" ("non entendo nada, isto é unha gaiola de loucos").
Contrariamente ao que se pode supór, do que máis careceu este rei foi de apoios. Nono apoiaba o pobo, por ser estranxeiro e non falar o idioma nacional; nono apoiaba a aristocracia, nin os carlistas ( partidarios de entronizar a Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII), nin a igrexa nin o republicanismo.
Completamente farto do país e dos seus cidadáns, tomou a decisión de dimitir, tan só dous anos despois, en febreiro de 1873. Sen perder un minuto abandoou Madrid para voltar á súa Italia natal.
Pareceume interesante copiar aquí parte do seu discurso de renuncia, que me parece do máis actual:

"Dos años largos ha que ciño la corona de España, y la España vive en constante lucha, viendo cada día más lejana la era de paz y de ventura que tan ardientemente anhelo. Si fueran extranjeros los enemigos de su dicha, entonces, al frente de estos soldados tan valientes como sufridos, sería el primero en combatirlos; pero todos los que con la espada, con la pluma, con la palabra agravan y perpetúan los males de la nación son españoles; todos invocan el dulce nombre de la patria; todos pelean y se agitan por su bien, y entre el fragor del combate, entre el confuso, atronador y contradictorio clamor de los partidos, entre tantas y tan opuestas manifestaciones de la opinión pública, es imposible afirmar cuál es la verdadera, y más imposible todavía hallar remedio para tamaños males. Los he buscado ávidamente dentro de la ley y no lo he hallado. Fuera de la ley no ha de buscarlo quien ha prometido observarla."

No hay comentarios: