domingo, 14 de septiembre de 2008

Fechado ata que PT teña a ben vir pórnos o ADSL

Non, xa non estamos de férias, que máis quixeramos... agora o que ocorre é que agardamos con moita moita paciencia a que quen monopoliza as comunicacións via internet en Portugal, PT, oia por fin as nosas súplicas e envíe canto antes algún "funcionario" a nos instalar a conexión...
Moito sinto estar así afastada de todos vós, e máis aínda cando teño centos de ideas para vos escribir, que non son quen de escribir en ningún outro sitio, así que agardo non fuxan daquí a que por fin nesta casa esteamos conectados ó mundo...
Mándovos bicos e moitos saúdos dende o paraíso.

6 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

Pois xa tardan o de PT

Anónimo dijo...

ENTRE A NÉBOA

Proída,vaia non sabia de ti, e inventábate, agora despois de tanto procurarte, topeite un anaco, dende logo a vida non ten cualificativo , e nos, magoa, non temos calidades innatas malia tentar descifrala, só iso , alégrome moito de lerte de cando en vez e de saberte , como eu supoñía máis libertaria.
Xa sei que mudaches de vida, que debeu ser como quen tenta reter un fío de auga entre as súas mans , eu tamén, aínda que non queira decatarme mudei, de pel e un pouco máis cedo de contido.
Nunca entendín a túa fuxida, nin o teu silencio cara a min, debe ser consubstancial á evaporarización .
Despois de que pasa o tempo por riba, todo mirase real como a ferida dunha man despois dunha aperta estraña, como un vendaval nun barco orfo de velas, despois queda a nitidez absoluta, o abismo que marca a diferenza entre o que é, quen es ti e o resto.
Como se todo estivera cuberto de néboa, as figuras da xente que pasa parecen desaparecer entre ondulacións pintadas por unha brocha grotesca caída nun caldeiro branco titanio, sen dicirse adeus ou ata logo, ciao, nada,índose confiados no confín da nube baixa que vai bicando un regato mantido, como nunha despedida.

(A néboa prodúcese ao evaporarse a humidade do chan, provocando o ascenso do aire húmido que ao enfrearse se condensa dando lugar á formación das nubes baixas tamén no paraíso).

Henrique.

Proida dijo...

Saúdos tamén a ti, Henrique, dende a outra beira, anque dende este outeiro non chego a mirar do outro lado dos montes que separan as nosas vilas.
Mudei de vida, si. Non sei se intentando reter a auga entre as mans ou simplesmente deixando que a vida viñese traendo as cousas novas.
Mais engánaste cando pensas que fuxín. Simplesmente concentreime en min mesma, por vez primeira.
Alédome de lerte, eu tamén.
Benvido a esta beira.

Anónimo dijo...

Perdoa, xa sei, iso de fuxir non se leva, ademais foi en todo caso un sentimento persoal. Non é correcto, mellor, marchaches un anaco.
Grazas, estoume a acordar do inxenuo que fun, e do estúpido que me estou a resultar a min mesmo.
Non o tiven todo, tampouco é iso, pero para calquera outro ao mellor abondaba.
É imposible vivir sen as palabras, sen os demais, aínda que sexa de maneira figurada, ti mesmo, cando queres levar unha conversa con ti mesmo, desdóbraste, noutra personaxe para facer de interlocutor ou noutro caso de receptor.
Estou apañado, é certo.
A quen vou convencer que todo isto obedece a perversidade capitalista, que as diferencias de clase existen verdadeiramente, que cada día somos mais pobres, ou mesmo que.....................
Se non fora que estamos demasiado afeitos a que haxa xente que morra de tódalas fames imaxinadas e por imaxinar diante dos nosos pratos cheos, tódolos días.
Xa digo a quen vou convencer, tan sequera a min mesmo cada vez que dende aquí miro as estrelas sen ningún tipo de aditivo, e deixoume empapar de frío por solidariedade con outros que de seguro están a vivir peor que eu e con menos culpa, si é que eu teño culpa de algo.
Magoa que non nos toparamos.
Espero que non mirar dende ese outeiro, non sexa como cando queres de verdade ver a alguén e pasas un minuto antes por onde esa persoa acaba de pasar, para non cadrar por ese minuto con ela, isto si que é capitalismo.
Unha aperta.
Henrique.

Proida dijo...

Henrique, non me aleda saber que miras as estrelas sen ningún tipo de aditivo, mais iso é unha actitude e unha forma de estar no mundo que depende das circunstancias persoais e mesmo do carácter que un ten.
Agardo que os teus ollos de artista deixen de ver así o universo, anque dubido que o teu corazón libertario che deixe demasiada marxe de manobra.

Eu non podo permitirme mirar as estrelas con amargura polo facto de existiren as diferenzas de caste. Agora que teño dúas crianzas é preciso que nos meus ollos non reflictan amargura nin sufrimento. Trátase dunha viraxe cara adentro, coma o ourizo, que expón as púas para protexer o máis vital.
Vivir neste mundo tan salvaxe por veces non sempre te cega pero si que te adormece. Camiño polo delgado gume da fronteira entre a cegueira e a visión nídia.

Mirar desde este outeiro é simplesmente observar e tirar conclusións, que sempre son persoais. Partillalas na rede é ás veces coma berralas na montaña (serve para desabafar un pouco)e ás veces tamén é coma un ponto de encontro virtual. Isto si que é capitalismo, tes razón. E é que eu son un dos elos da cadea.

Un saúdo dende esta beira

Proida dijo...

Meniñeira,non vira o teu comentario...
O certo é que xa temos "amarrada" a visita do técnico da PT para a vindeira semana... Se o bo do home é quen de me conectar co mundo outravolta, penso convidalo a xantar!!!
Saúdos