Como estará o mundo de cambiado últimamente, que un mulato acaba de gañar a presidencia dos USA!!! Por aquí todos votaron a Obama, ou Barak Hussein, como en realidade se chama o novo presidente. E se nono votaron, como se o fixesen: igual de contentos se amosaban a primeira hora da mañá, tras coñecer a nova.
A min sempre me pareceu de plástico, de mentira, unha creación mediática, igual que todo o show electoral que se monta alí para as eleccións presidenciais. Tampouco me gusta MacCain nin o seu partido; claro que dende aquí non se ve ben cal é a diferencia entre o goberno dun presidente republicano e un presidente demócrata. É posible que para os cidadáns norteamericanos si haxa diferencias entre uns e outros. Agardo que a comunidade negra se vexa por fin representada polo poder. Tamén os cubanos teñen moitas esperanzas no novo presidente, que ten anunciado que "relaxará" o embargo económico ao rexime castrista.
Como dixo Bono, "mellor que Bush, calqueira cousa", anque, quen sabe? A peor sempre se pode ir.
Sexa como for, e dende esta punta de Europa, o que cabe agardar é unha política moito máis respetuosa da legalidade internacional, menos agresiva en termos económicos e menos intervencionista tanto en América Latina como no resto do mundo onde están metidos,ben directamente, ben a traveso dos gobernos-títere que para eles traballan.
Nembargantes, non podo menos que ser excéptica nestes puntos: se o tal Obama quixera mudar moito de rumo na política interna e externa é seguro que se toparía ca oposición daqueles que realmente están dirixindo o temón do país e que non se presentan nunca ás eleccións.
En fin, sentemos a ver este filme americano e agardemos que polo menos non teña o mesmo final de tantos outros que temos visto nos que o presidente é vítima dun atentado ante a mirada horrorizada da primeira dama e dos gardacostas, incapaces de o protexer. E é que Obama está ameazado de morte por todo tipo de organizacións racistas daquel país no que calquera ten unha arma na casa.
É a Obamanía e tamén chegou a esta beira.
Tradución ao castelán do discurso pronunciado por Obama tras coñecer a súa victoria.
http://latino.msn.com/especiales/elecciones2008/Articles/ArticlePage.aspx?cp-documentid=12238324
http://latino.msn.com/especiales/elecciones2008/Articles/ArticlePage.aspx?cp-documentid=12238324
No hay comentarios:
Publicar un comentario