jueves, 27 de noviembre de 2008

"Outra visión da crise: o humor británico"

Quédome con esta visión da crise, pasada polo típico humor británico que tanto me gusta. Aparentemente a situación financieira no mundo non fai máis que ir a peor e inevitablemente vainos arrastrando a todos detrás, con desiguais consecuencias, anque xa sabemos quen son os que teñen que pór o coiro para pagar a crise: a clase obreira, da que formamos parte case todos. Os responsables da crise, lonxe de seren encausados e xulgados como os estafadores que son, seguen á fronte dos bancos e das entidades de crédito, das aseguradoras e das compañías do ramo que xogaron cos nosos cartos á ruleta rusa. Paradoxalmente, a solución á que se apuntan os gobernos mundiais parece que se limita a pórlles a estes indivíduos uns cantos de centos de miles de millóns de euros/dólares máis no peto, para que se queden tranquilos. Se eses cartos non saísen tamén de nós, os cidadáns, importaríame un pemento, pero, sendo así, non podo menos que acusalos a todos de traidores e ladróns. Como traidores son os sindicatos, co seu silenzo cómplice e os partidos políticos da oposición, que, lonxe de exercer o seu papel, parece que llelo poñen máis fácil ós gobernos para seguirnos empobrecendo a todos. En troques de mobilizarnos para exixir xustiza e reparación, ficaremos na casa a ver os partidos da Copa Davis, as últimas novas do love affair de Felipe González no seu piso do barrio Salamanca de Madrid, ou a entrevista a Julián Muñoz na que desvelará con todo detalle cómo roubou das arcas públicas. Pan e circo, vella fórmula aplicada dende vello, e funciona!!!
Qué circunstancias históricas estarán por vir nun futuro inmediato? A qué acontecementos sociais imprevistos estaremos chamados a asistir nesta xeración?
Eu fico a observar dende esta beira, hoxe cun pouco máis de frío.

1 comentario:

♥ meninheira ♥ dijo...

Olá :)

resposteite no meu blogue ;)