jueves, 19 de noviembre de 2009

"Que é iso?"

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi moi bonito. Para pararse e matinar nel. Moi bonito...

Proida dijo...

Certamente! Infelizmente, esta sociedade non escoita aos vellos, nin os ten en conta, nin os coida. A "institucionalización" é a solución que o sistema ten atopado para quen non é un "membro produtivo" da sociedade, é dicir, os vellos e os nenos. Parece que o importante é producir, e para iso os traballadores e traballadoras han estar libres da "carga". A penosa casta política que temos limítase a prometer máis garderías e máis xeriátricos, en troques de apostar por outras maneiras de poder coidar de quen o precisa e ao tempo cumprir co traballo.
En silenzo, son moitos os vellos que rematan as súas vidas solitarias entre os muros deses lugares, esquecidos e desprezados por unha sociedade de consumo que na que a xuventude é un dos máximos valores, xunto co diñeiro e a imaxe.
E con máis ou menos silenzo son tamén moitos os nenos de curta-curtísima- idade que cada mañá son arrancados das sabas quentiñas dos seus berces para seren levados ás garderías, nas que se cadra pasarán tantas horas como ten a xornada laboral de seus pais, entregados ao coidado de persoas, que, ao igual que as que traballan nos xeriátricos, están mal pagas, contan con poucos recursos, e en moitos casos non teñen nin a vocación nin a formación precisa para candansúa tarefa...
A falta de paciencia é posiblemente o sinal máis suave do maltrato que ao meu xeito de ver están a sufrir vellos e nenos.