jueves, 24 de diciembre de 2009

"Chegou o inverno tamén ao Gerés"

Á procura da neve, chegamos hoxe ao Castro Laboreiro. Mágoa que a chuvia de pola noite xa a derretera toda. Aproveitamos igualmente a viaxe para disfrutar da marabillosa paisaxe que alí se ofrece, tamén nun día frío, escuro e chuvioso coma o de hoxe. Xantamos nun dos varios restaurantes que alí hai, e atopámonos co Pai Natal repartindo presentes. Tamén valeu a pena a conversa coa dona do restaurante, quen nos contou unha longa historia de emigración e negocios emprendidos aquí e acolá, e de supervivencia económica, a cabalo entre as dúas beiras da raia. O mellor, a despedida: acariñarlle a cabeciña a unha cadela da raza local, que descansaba adurmiñada á beira do noso coche.
Un bo día de Natal.
Bo Natal a todos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

oi:

também andamos com vontade de visitar castro laboreiro, espero ter um pouco mais de sorte
bj