Pois xa levo dous anos habitando este meu blogue!!! Lembro o momento no que tiven a feliz idea de comezar a escribir nel: xa tiña escritos mentalmente varios artigos antes de decidir o nome do recén nado!!! O caso é que o tempo foxe, "tempus fugit", e pasáronseme tan axina que dá vertixe...
Ultimamente estou máis calada, seino, e é que así é como me sinto: con poucas gañas de falar. Non se trata de nada semellante a un baixón emocional, unha depresión ou algo así, non, senón de que prefiro observar, simplemente. Tampouco quero escribir por escribir, así que só poño por escrito aquilo que realmente penso que vale a pena non esquecer, e de certo que vale a pena felicitarme a min mesma por estes dous anos nos que teñen acontecido tantas cousas boas no persoal e profesional.
Acabo de voltar de pasar uns días en Madrid, e teño que dicir que xa botaba de menos este meu outeiro, esta miña casiña portuguesa. Certo que para ver algúns dos cadros máis valiosos do mundo hai que viaxar á capital do "imperio", e certo tamén que de cando en vez é preciso viaxar a outros "ecosistemas", mais hei dicir que me sinto aliviada de estar de volta.
Dende esta beira tamén vos quero saudar a todos e todas cantos vides aquí parar e desexarvos un ano cheo de cousas boas.
2 comentarios:
Descobri o seu blog há poucos meses e,desde então,não tenho deixado de o visitar,para beber um pouco da sensibilidade que nele é servida.Muito obrigado.
Muito obrigada eu, António! Con voçé a me visitar síntome un bocado menos sozinha no mundo. Eu tambén visito súa página con frequéncia e acho também muita sensibilidade, fantasía e tenrura, tres coisas das que o mundo está falto. Dende cá, apertas também pra voçé.
Publicar un comentario