Que significan os brinquedos para os nenos e nenas? Que significa para os pais e os amigos ou familiares agasallar a un neno cun brinquedo? Cal é o prezo axeitado que un brinquedo ten que ter, nin caro demais nin moi barato? En que proporción aumenta a feliciade dun neno ao ir recibindo máis e máis brinquedos? Cal é o nivel de satisfacción dun neno ao ter moitos brinquedos?
Que significan as cousas para os adultos? En que nivel aumenta a felicidade e a satisfacción ao adquirir máis e máis obxectos? En que medida compensa traballarmos máis e máis horas co obxectivo de podermos adquirir máis obxectos e máis caros? Cal é o obxectivo da nosa vida en relación cos obxectos ?
Penso que para os nenos os xoguetes e as cousas que posúen teñen a mesma importancia que para os adultos: ningunha. O afán por posuír obxectos materiais é infindo e non hai obxecto, por moi bonito, útil e caro que sexa, que apague a ansia de ter máis e máis. Ben o sabe o mercado, que nos inunda a vida de cousas e máis cousas, que nos fan esquecer o máis importante: que unha vida merece ser vivida e disfrutada non en función dos obxectos que logramos xuntar ao longo dos anos, senón en función doutras variables que teñen moito máis que ver co Humanismo e con valores moito máis altos dos que habitan a Bolsa de Nova Iorque. Haberá quen pense que as dúas visións non son incompatibles; eu sospeito que si o son e que para aprendenr a disfrutar de verdade da vida primeiro hai que aprender a vivir sen nada máis ca o imprescindible...
Todo isto pensaba eu mentres miraba a traveso dos vidros cheos de bafo, nunha mañá chuviosa do mes de febreiro.
1 comentario:
Eu concordo,mas quando somos crianças,tudo é bonito e os brinquedos no Natal com o amor dos pais é o melhor.Brinquedos com lembranças.
Eu sempre lembro o Natal com brinquedos,com amor de pais e quero também os meus brinquedos.
Agora eu vivo com os sentidos,a beleza da natureza...desfrutar dos sentimentos...
Bjs.
Publicar un comentario