jueves, 18 de febrero de 2010

"Luscofusco"

Cada día é distinta a nosa posta de sol. E digo nosa porque así é como a sinto, propia. A vez primeira que deitei os ollos nesta paisaxe fiquei prendida para sempre das augas do Pai Miño, que, suicidas, van morrer ao grande Océano Atlántico. Aquí o Río éo todo; el foi quen esculpiu, lentamente, esta beleza.
Hoxe o Río púxose dacordo co Sol e cas nubes para crear esta postal que vos ofrezo. Case de casualidade foi que me fixei nela, absorta como estaba en estudar certos elementos arquitectónicos do tímpano do Pórtico da Gloria, por preparar unha clase sobre os instrumentos antigos e sobre a arquitectura da Catedral. Como podía estar allea ao que aí fóra estaba acontecendo entre o Río, o Sol, as Nubes, e os montes Trega e Goix?
Que vos guste.

2 comentarios:

mel dijo...

Sim, a verdade é que a foto é muito linda.Foste tu a que a tirou?.
O rio sempre tan formoso, eu acho que temos de olhar sempre a beleza do rio,do paisagem para sermos felizes.
Bjs.

Proida dijo...

Grazas Mel. Si, fun eu quen a sacou, xusto onte. Cada día a posta de sol aquí é distinta, e o Río ten cores distintas. Estes días escuras formas soben río arriba e tópanse coas mortais redes dos pescadores; as lampreas cumpren coa súa sagrada misión de se viren reproducir augas arriba. Mal saben que o Río está cheo non só de pescadores senón de encoros e demais perigos. Aínda así, nada hai que deteña as súas augas. Dende Lugo é que veñen morrer aquí!!! Toda unha vocación.
Saúdos