viernes, 19 de marzo de 2010

"Galegos en Portugal"


Hoxe na Telegaita "informaron" de que nesta ponte Galiza recibirá turistas procedentes, sobre todo, do resto do país (España), mentras que os galegos visitarán maioritariamente o norte de Portugal. Na ribeira do Douro, en Porto, as cámaras tomaron imaxes de galegos tomando as tapas nos bares de por alí, onde, o periodista, aseguraba que se sentían moi ben tratados "case sempre", e é entón cando entrevistan a un galego que se queixa porque todos os letreiros, os menús, etc, están en portugués e inglés, e non en "castellano".

Dende logo, se os portugueses chegasen nalgún momento a entender a esquizofrenia lingüística que ten infectado a moitos galegos, correrían raudos a pór tamén en castelhano os seus carteis e indicadores. Nin se imaxinan os curtos que son algúns para as linguas...

A bo entendedor...

2 comentarios:

Anxo dijo...

parvos 'te los hay' everywhere!!

Temos que aturar moita esquizofrenia, sí, pero Portugal e o Brasil axudarannos a sair desta.

http://nosquedaportugal.blogspot.com

Paz Zeltia dijo...

bueno,
sempre parece que un escoitou a parvada máis grande,
pero non,
sempre vén alguén que o supera.