martes, 16 de marzo de 2010

"A lingua galega é parte de min, parte de nós "


7 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

:-)
da gusto aprender unha lingua mirando esa cara!

a min lémbrame un xogo que tiña miña nai comigo, que despois souben que hai moitísimas versións, pero a que ela me dicia, mentres me ia tocando cada sitio era:
"este ollo pispirete,
este queixo, queixo lan,
esta boca pide pan,
este narís, narisete
¡arríncate cabalete!"
e entón "arrincabame" o narís cos dedos índice e medio... a mín amolábame, pero ainda así lle pedía que mo repetira unha e outra vez.
eu creo que era porque ela ría


vaia, mira tí con que cousa me fun poñer morriñenta.

Proida dijo...

Ai, as nais... por algo se chama "materna" a lingua que aprendemos dende pequeniños, xa antes de nacermos, dentro do útero. Canto amor neses xogos, e canta pedagoxía!Xa lles gustaría a moitos mestres con unha e dúas carreiras saber a metade de pedagoxía ca moitas nais! Especialmente as nais galegas, coma miña, que agora falta, que nos transmitiron a lingua a pesares de ser proscrita. E que ían facer senón? A miña nai aborrecíaa moito que o meu pai lle falase en castelán ao veterinario, cando viña, que era de Madrid...
Ai, que eu tamén me poño morriñenta á conta da túa morriña, Zeltia!

Chousa da Alcandra dijo...

Que ben dis o que dis, carallo!.
E se seguides así...ídesme poñer morriñoso a min tamén.

Proida dijo...

JAJAJAJA! Ai Chousa, que te perde o sentimentalismo! Por certo, nós tamén tiñamos unha Chousa; anos atrás, era moi apreciada porque tiña moita auga, que compartiamos cos outros veciños de chousa; logo os terreos con auga non valeron para nada e perderon o valor... E todo porque se chantaba o tractor!!! Un motor de explosión fixo cambiar os afectos cara ás fincas da casa!!!
Por certo: miña nai aquí http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2009/01/vida-vaise-nun-camin.html

xenevra dijo...

A lingua é o instrumento (un de tantos) que empregamos para comunicarnos. nace da necesidade de nominar aquelo que nos é próximo, aquelo que nos é necesario, aquelo que nos rodea. Os esquimais teñen unha ducia de palabras para nomear as distintas "neves".

A lingua de noso, a que nos foi dada dende o colo, a que ferveu nas nosas potas, a lingua coa que aprenderon algúns dicir aquelo de "yo no te hablo nada bien el gallego. No te es lo mío"

Proida dijo...

unha miña compañeira de traballo -mestra ela- di que " por fin empiezo a soltarme algo a hablar en gallego". É filla de pescadeira, natural de Vigo. Home, mérito ten, non digo que non...

Paz Zeltia dijo...

seguro que algún mérito tén, proida, non podemos saber o que hai "detrás" de cousas aparentemente sinxelas.

eu falo por mín, que é o caso no que coñezo todas as razóns.
(no, todas non, que moitas afúndense para non atopar con elas arreo, que danan)