miércoles, 7 de abril de 2010

"Calceta dixital e interpretando a Castelao"




Aí vos vai un par de ideas para utilizar, ben na vosa casa, ben na aula: a partir da actividade coñecida como "fingerknitting" e sobre a que atoparedes centos de videos en YouTube, pódese ir facendo unha "alfombra", para se sentaren os nenos á hora da asemblea diaria ou simplemente para colgar da parede unha vez rematada. Precisarán da vosa axuda para coser en rodiñas as cadeíñas de la que van tecendo cos dedos e logo unilas entre si como na imaxe.

Por outra banda, a partir dun dos debuxos do álbum de Castelao "Cousas", cada neno pode facer a súa interpretación sobre a escea dos dous nenos labregos trazados no seu día polo noso máis querido político e intelectual con simplísimos trazos. É asombroso ver algúns resultados, coma o da fotografía, cuxa autora "tuneou" a Castelao dunha maneira maxistral.

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Sí que traballan ben eses rapaces, si.
Que bonito quedou o de "calceta dixital" eh!. Patentamos o nome?

Proida dijo...

Hoxe escribín certo texto de certo enxeño a respecto de certo texto de moito máis enxeño aínda titulado "Retrovisor", no que informaba ao seu autor, á sazón Chousa da Alcandra, da magnífica idea que foi o nome "calceta dixital", entre outras informacións menos importantes, mais cando premín o botón de enviar, "Pfuff!", desapareceu ante os meus ollos sorprendidos ao tempo que o "Sistema" me informaba de non sei que erro, que facía imposíbel a publicación do meu comentario...
e desistín!
Así que é boa ocasión esta para convirmos en patentar o nome, si: FICA PATENTADA A EXPRESIÓN "CALCETA DIXITAL" PARA NOS REFERIRMOS Á ACTIVIDADE POPULARMENTE COÑECIDA COMO "FINGERKNITTING" NO IDIOMA DE SHAKESPEARE.
RUBRICADO, por unha banda: PROÍDA DAS MINEIRINHAS.
RUBRICADO, por outra: (asina aquí)

Chousa da Alcandra dijo...

CHOUSA DA ALCANDRA!


(Este Blogger ás veces ten esas cousas, que da erros onde non hai máis que magníficas intencións!)

Paz Zeltia dijo...

a verdade e que vese moi artístico o traballo do trenzado dixital. calceta dixital que lle chamades vós, nome ben axeitado por certo.
se o vexo utilizado por aí, xa denunciarei o seu uso... ainda qeue mellor non sexades egoístas, hai que compartir as boas ideas para que todos se poidan beneficiar das novas palabras incorporadas ó noso idioma.

Proida dijo...

Zeltia, tes razón: seremos xenerosos á hora de compartir o a nova expresión, mais non has atopar moitos colexos onde se faga semellante actividade... así que tanto a actividade coma o termo están destinadas á extinción...
bicos