lunes, 12 de abril de 2010

"A Universidade de Santiago de Compostela usa o Castelán nos actos públicos"


Así que nós, os mestres de primaria e de secundaria, facendo folga a prol da defensa da nosa lingua no sistema educativo, mentras que na Universidade se pasan a lexislación polo forro e utilizan preferentemente a lingua castelá nos actos públicos coma o de Licenciatura dos estudantes de Bioloxía, o sábado pasado, celebrado no Auditorium e no que só se dixeron unhas cantas frases en galego, no contexto dun acto celebrado íntegramente en español. Vergoña lle tiña que dar ao reitor, vicerreitor, decano de bioloxía e todos os participantes que, no acto referido, utilizaron a lingua propia da universidade de Valladolid, en detrimento da lingua que por dereito propio debía de ser usada con normalidade nas universidades galegas. Vergoña sentín eu, antiga universitaria desa mesma universidade, nunha altura na que, por certo, parecía haber máis galegofalantes que agora, tanto entre o profesorado coma entre o alumnado. O nivel académico do acto, por outro lado, pareceume máis propio do Luar ca dun acto dunha das máis antigas universidades de España, por non dicir que me parece penoso incorporar á nosa universidade, de tradición suficientemente sólida e méritos abondos, a costume de celebrar actos de licenciatura ao estilo americano. Moitas películas americanas deben ver as actuais autoridades académicas.

Penoso.

O bo: ver que a miña sobriña completou os estudos de Bioloxía e que José Afonso ten unha placa adicada á súa "Grándola, Vila Morena" no exterior do Auditorium de Galicia.

3 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

xa te vexo, xa, xustamente indignada!
e no referente ás "celebracións" oficiais, parece que imos copiándolles en todos os eidos: vodorrios, graduacións...

noraboa polo da túa sobriña!

Anónimo dijo...

E cando van aos institutos dar as "parolas" aos de 2º Bac (polo menos se che vén un de veterinaria de Lugo) sobre o acceso á Universidade, ousan, malia traer as presentacións en "galego", non dar nin unha soa palabra na nosa lingua, aínda que as preguntas dos rapaces e/ou rapazas fosen insistintemente en galego.

Lama das Quendas

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu asegúrovos que na Universidade Rural (que perdoe a URG, que ben sei da súa existencia...), seguimos empregando o galego de xeito cotiá.
Ás veces escápasenos algún castelanismo -ultimamente un que outro anglicismo tamén- ; pero mira ti por onde imos ter que facer unha Aula Magna no medio dun agro de patacas. A máis dun/dunha togada/o viríalle ben. Á que si?

Bicos dende estoutra beira