Un dos mellores escritores e dende logo o máis querido e admirado para moitos dos seus lectores, (entre os que me encontro de forma incondicional) falece hoxe para deixarnos orfos da súa palabra, do seu exemplo. Porque Saramago non só é escritor, senón referente para moitos de nós, dende logo para min. Saber o que opinaba sobre un ou outro tema é para min unha necesidade. Nun mundo coma este, a perda de Saramago é unha desgraza, como o foi no seu momento a de Haro Tecglen.
Querido José, ata sempre.
2 comentarios:
Unha perda irreparable para a literatura mundial.
Foi él quen dixo un día aquelo de que "neste mundo existen dúas potencias: unha EE.UU. e a outra eres ti". Él sí que era unha potencia.
Ai Chousa, que quedamos sen os mellores...
Publicar un comentario