lunes, 7 de junio de 2010

"Ofrecemos casiña para indio, con finca pechada"

Situada na vila portuguesa de Cerveira, esta casiña fará as delicias do nativo americano máis esixente, a un prezo sen comparanza, xa que a casiña cédese totalmente gratis. Con todo tipo de servizos, incluída unha fogueira xa preparada -só fai falta encendela-, así como un portón de entrada de estilo rústico galego-portugués imitando os dos poboados do salvaxe oeste americano.
Rodeado de montañas nas que poder adicarse á caza, o terreo sitúase nun enclave estratéxico de cara a organizar a súa defensa, caso de presentárense os colonizadores ianquis por sorpresa.
Iso si: o minúsculo tamaño do "tipi" só dá para indios que non midan moito máis de dez centímetros a contar dende o chan.
Calqueira interesado, debe contactar o anunciante no máis breve prazo posíbel dada a grande demanda que este tipo de vivendas están a ter.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Nom tem mala pinta a vivenda, a sociedade do futuro deveria estar nela (na sociedade matriz, do passado) :D

Chousa da Alcandra dijo...

Eu son moito máis indio do que cabe na casiña, que senon...

Paz Zeltia dijo...

si, mellor contactar "no máis breve prazo", que se non... cunha voadiña de ar, xa abonda!
:)

boa ocorrencia, fixéchesme sorrir.

Proida dijo...

Pois agora que xa se lle ve grande demanda, estou a pensar en facer unha urbanización... claro que terá que ser aló para o outono, polo tema dos materiais...