Para os que sexades apaixonados da ciencia ficción: pouco a pouco a ciencia vaise desprendendo do adxectivo "ficción", así que dentro de nada non quedará material para poder elaborar unha boa serie ao estilo Galactica Battlestar ou Star Treck, xa que nos veremos vivindo neses mesmos escenarios. Teño moitas reservas a respecto de introducir nas nosas vidas a tecnoloxía até o punto de integrármonos cas máquinas a traveso de microchips no cerebro, etc, pero está claro que se a cousa vai por aí, será realidade en pouco tempo, así que agardo que non esteamos a crear vida intelixente que logo se volva contra nós, como acontece en Galáctica, onde as máquinas se rebelan e exterminan á Humanidade, salvándose só unhas 50000 persoas, que vagan polo universo abordo da Galáctica e outras naves da flota na busca dun planeta habitable e perseguidos constantemente polos cylon.
En fin, cousa intersante... e perigosa.