Lactando lactando, a miña nena e eu asistimos impávidas aos acontecementos máis relevantes para os medios de comunicación: as revoltas no norte de África, o roubo das caixas de aforro, a doma e castración dos sindicatos, a reelección de Cavaco Silva ou a romántica historia de amor entre xogadores de fútbol e coristas varias.
Non movemos nin unha cella ante o anuncio de que Cataluña poderá refinanciar a súa débeda, nin sequera ante a detención de certos alcaldes galegos; nós, ao noso, que é a lactancia. Claro que pouco fai falta para pasar dun tema a outro, e senón, mirade a brillante intervención da deputada brasileira Cidinha Campos, quen, nun pleno parlamentar,denuncia a corrupción existente na caste política daquel país.
Disfrutádeo,pois poucos políticos do estilo quedan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario