miércoles, 1 de junio de 2011

"Escutigera Coleoptrata"




É certo que non é a primeira vez que as vexo...
É certo que, vistas no garaxe, son tolerables...
É certo tamén, que están protexidas e que son beneficiosas pola grande cantidade de bichiños indesexables dos que dan conta: arañas, mosquitos, etc.
É certo que non ataca nin pica se non se ve ameazada, así que non terá oportunidade de me causar unha reacción alérxica pola súa mordedura se a deixo en paz...
Pero é que esta noite unha paseóuseme polas pernas desnudas!!!! E non vexades o rápido que pode chegar a correr a "escutigera coleoptrata"! a desta noite non sobrevivíu, infelizmente, ao meu ataque mortal, armada cunha boa cantidade de papel hixiénico, que se precipitou sobre o seu asqueroso corpo, deixándoo dividido en que sei eu cantos segmentos con cadanseu par de pés...
Síntoo por ela e polos seus seres queridos, pero teño que dicir que calqueira cempés destes que pretenda compartir a miña casa sen ser convidado, irá tamén compartir a mesma sorte, así que é mellor que se manteñan alonxadas de min e dos meus fillos!!!

Sen cachondeos... na Pastoriza non había este tipo de cempés. Polo visto son de climas mediterráneos, anque leo que están moi estendidas...
O noxo que me dan só é comparable ao que me dan as arañas, así que polo menos, a escutigera comerá todas as arañas que encontre na casa...
Algo é algo, anque daí a telas como mascota, como hai xente que as ten en terrarios...

No hay comentarios: