jueves, 9 de junio de 2011

"Queremos Pan!"

... e alimentos saudábeis ( non tóxicos, como nolos fan comer agora); mais tamén temos fame de xustiza, democracia, igualdade, cultura, dignidade... e xa postos a pedir, tamén queremos poder traballar cuns horarios máis reducidos que posibiliten criar os fillos, e ter un sistema educativo público de primeira categoría (non o peor dos posíbeis, como temos agora), e respirar aire limpo, vestir roupa non tóxica, habitar casas saudábeis organizadas en barrios humanizados (non as cidades e vilas caóticamente organizadas); tamén queremos formas de organización social máis solidarias ( nada de asilos para vellos nin garderías aparcapequenos) e modelos de relación baseados na confianza e solidariedade entre as persoas...
Claro, queremos todo o que non pode ser...
Mais non renunciamos a soñar!

No hay comentarios: