domingo, 10 de febrero de 2008

... e eu con estes pelos!





Hoxe sábado, logo de moitos meses, fun ao que por estas terras denominan "cabeleireiría", é dicir, á perruquería. Foi todo un acontecemento, logo de percorrer varias e ver que tiña que ter pedido cita con antelación. Non tiña idea da grande demanda que teñen os profesionais cabeleireiros...

O caso é que foi unha experiencia ben agradable; por unha banda, por fin teño o corte de pelo que andaba buscando por estes lares tanto tempo, xa que cos traslados tamén deixei atrás á miña perruqueira preferida, que andará a cortar pelos aló por terras luguesas. Por outra, saín do establecemento con moito "inmaterial" no que pensar, xa que a conversa ca perruqueira tocou todo o humano e o divino, intercalando unha de cada. É un gozo atopar de cando en vez a outro ser humano franco, aberto e con gañas de conversar, simplemente e sen maiores pretensións. Estamos acostumados ao trato frío e desnaturalizado así que algo de calor humano, ainda que o haxa que ir atopar á perruqueira, non está mal. Quedei de volver, coma quen queda cunha noiva. Xa estou desexando volver e que me poña uns reflexos...

No hay comentarios: