Pois o vindeiro 17 de maio, o sábado, é o Día das Letras Galegas. Este ano adícanselle a Álvarez Bláquez, Xosé Mª. No meu colexo, para celebralo, hoxe houbo unha mostra de cestería tradicional galega...
Claro que, o cesteiro, para se entender cos nenos e nenas, ás veces tiña que recorrer ao castelán.
Non souben moi ben como explicarlles aos meus alumnos e alumnas a relación entre a cestería e a literatura en lingua galega. Só se me ocorren:
cesteiro= oficio tradicional galego próximo á súa desaparición.
escritores en lingua galega, literatura en lingua galega, galego: manifestacións culturais galegas próximas á súa desaparición.
Prefiro unirme á celebración que nos propón Andressolo, que é moito máis lúdica...
lunes, 12 de mayo de 2008
Día das Letras Galegas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario