miércoles, 28 de mayo de 2008

"Silencio"


Neste silencio da noite, agora que por fin conseguín -case me parece un milagre- atoparme aquí dentro, quero deixar constancia de que pertenzo a unha longa cadea de mulleres tristeiras, que anceian desesperadamente descravar o famoso cravo rosaliano. Coma Rosalía eu tampouco sei cal é a natureza de semellante ferrollo na alma. Pero, con este silencio reinante agora mesmo, visualízoo perfectamente. Faime sangrar salvaxemente, limpando a ferida de cando en cando, mais sen deixar que feche, que solde.
Desacougo, pesimismo, nostalxia, tristura... transmitidos de xeración en xeración a traveso dos nosos úteros. As mulleres da miña casa estamos condeadas á atracción que esta desharmonía provoca en nós, igual que as augas do mar son levadas e traídas pola forza da lúa e do sol.
Ogallá puidera cortar esta cadea e concederlles ás que me sucederán un pouco de sosego, ledicia, calma, equilibrio, harmonía.

No hay comentarios: