Contra os embarazos concibidos como "enfermidade"; contra os partos medicalizados desprovistos de humanidade; contra a vulneración do dereito máis elemental dos bebés a se alimentaren do leite materno, a permaneceren na seguridade do colo, do leito materno; contra a "institucionalización" dos meniños de tan só algunhas semanas; contra as longas xornadas laborais, incompatibles coa crianza dos fillos; contra os abusos dos empresarios que despiden mulleres por estaren embarazadas; contra o machismo imperante que deixa soas ás nais fronte á esixente, estresante e dificil tarefa da crianza; contra o feminismo mal entendido, que pón por diante os intereses do Capital antes que os dos propios bebés, considerando unha conquista feminista o poder compartir co pai a miserable baixa de 16 semanas; contra as mulleres que ocupan postos de responsabilidade e podendo cambiar as cousas non poñen todas as súas forzas en loitar para que isto cambie; contra Estivill e os métodos conductistas de crianza, que en realidade funcionan solamente ben no adestramento de cans; contra os maltratadores, os pederastas, os pais e nais que queiman ós fillos con cigarrillos; contra os médicos que administran fármacos gratuitamente ós bebés dende a súa máis tenra idade; contra a escola tradicional que só serve como aparcapequenos; contra a irresponsabilidade dos pais e nais que prefiren calquera cousa antes de pasar unha tarde na casa cos fillos....
Non merecemos ter fillos, esa é a verdade. Construímos para eles unha sociedade de depredadores onde non teñen espazo propio.
Nesta sociedade, nin os nenos nin os vellos teñen espazo. Por iso os aparcamos en garderías, escolas e asilos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario