lunes, 2 de junio de 2008

"Cómaros Indeliñables"

Estampas coma esta non son xa sinxelas de ver "ao vivo". O abandono do medio rural como lugar de traballo é unha tendencia nada novidosa mais parece que nos últimos anos o ritmo acelerouse. Quedan en pé as véllas casas de pedra que deron abrigo a xeracións enteiras de galegos que se espallaron polo mundo coma sementes na primavera. Pantasmas do que noutrora foron pobos vivos, cheos de nenos rebuldeiros. Leiras comestas polo monte, cómaros imposibles de deliñar, aldeas silenciosas. O pasado do que renegamos e o futuro ó que lle pechamos portas. Xa non é rendábel criar a propia comida. Vén máis barata de Alemaña, de Francia, de calquera ponto distante do planeta. Nesta roda louca e incomprensible do Capitalismo, xiramos todos frenéticamente.
Eu, por se acaso, e para épocas de crise do Imperio, quedo cun pequeno terruño perto do que era a miña casa. Coma Escarlata xurou naquel filme, xuro por deus non pasar fame nunca máis...

No hay comentarios: