domingo, 26 de octubre de 2008

"Hoxe vimos flores da merenda"


Hoxe, camiñando polo prado, vimos as primeiras "flores da merenda", como a miña nai lles chamaba. Tamén se chaman "espantapastores" ou "quitamerendas". Os nomes véñenlle a esta fermosísima e delicada flor da época do ano na que sae: o outono. É cando os días comezan a ser cada vez máis curtos xa que anoitece antes. Os pastores nesta época do ano recollen aos seus rabaños antes excusando levar a merenda consigo.

Deume moito gusto atopar esta flor perto da miña casa; é un dos recordos máis antigos que teño: coma un milagre azul violáceo no medio dos pardos e amarronados do outono.

Se as vedes nonas pisedes, que son moi delicadas e estráganse con moita facilidade. Nonas confundades cas flores de azafrán, que, anque se parecen moito, nada teñen que ver unha ca outra.

1 comentario:

♥ meninheira ♥ dijo...

Ups! pois eu pensaba que eran da mesma familia.