jueves, 16 de octubre de 2008

"Érguete e anda..."


.... como en Irlanda",

pedíalle á Galiza Alfredo Brañas aló polo século XVIII, invocando para os galegos a loita irlandesa pola independencia, para sermos nós tamén libres...

Ven a conto de que as paisaxes o meu pobo se parecen moito ás irlandesas, cos seus suaves outeiros, cobertos de verde e salpicados de casas e árbores aquí e acolá.

Especialmente despois de terse feito a concentración parcelaria, que tanto o transformou todo, incluídas ás persoas, a súa maneira de vida e mesmo a súa forma de pensar, o lugar no que eu pasei toda a miña infancia converteuse nunha potencia produtora de produtos agrarios, nomeadamente de leite. A concentración abriulle o paso a novas técnicas produtivas moito máis agresivas, que fixo que desaparecesen mesmo moitas especies de animais. Por desaparecer desapareceron ata as paredes, escondite de pinchorras e lagartixas.

Non sei como estarán as miñas paisaxes agora que xa nonas habito nin as camiño. De seguro terán mudado moito e mesmo xa non gardan ningún parecido con Irlanda.

E é que hoxe teño morriña, iso tan galego... e tan portugués tamén...

No hay comentarios: