Está claro: tedes que vir a Cerveira, e se é un sábado, mellor aínda. Digo o do sábado porque en Cerveira cada sábado temos feira, a máis popular da zona logo da de Valença. Non hai nada semellante dese lado do Río. É tal a cantidade de xente que se xunta que parece Cerveira unha vila moito máis populosa do que realmente é. E, curiosamente, a maioría dos visitantes son galegos!!!
Cerveira é un concello con 15 pobos e uns 5800 habitantes. No pobo de Campos sitúanse os dous polígonos industriais do Concello, que están a albergar a cada vez máis empresas galegas que fuxen da escaseza de solo industrial na terra e dos atrancos administrativos para se poderen instalar.
Polo nordeste, Cerveira ten a Valença do Minho, cidade especialmente protexida polo valor do seu patrimonio arquitectónico e que é a sé dun coñecidísimo e florescente comercio de téxteis que atrae cidadáns de todas partes da Europa. Ao leste está Paredes de Coura, corazón do Alto Miño e sé dun importante festival de música rock alternativa, tanto nacional como internacional. Ao sureste ten a Ponte de Lima, que toma o seu nome do noso río Limia, que discorre a traveso desta fermosísima vila antes de ir morrer ao Atlántico e que se negaron a cruzar as tropas de Décimo Junio Bruto por identificalo co río Lethes, o "río do esquecemento"; ao suroeste ten á fortificada e moi coñecida Caminha, comunicada por ferry coa Guarda. E, ao noroeste, estades vós, os galegos.
O ponto máis elevado de cerveira está en Loivo, no Alto de S. Paio, con 638 metros. O de San Paio é un monte pelado, esgrevio e impoñente, que lle serve de fondo á máis fermosa das paisaxes que teño eu visto: a desembocadura do Río Miño.
Por certo, na soidade dos montes de San Paio atópase o Convento de S. Paio, restaurado por José Rodrígues, escultor que é un referente nacional da arte da escultura en Portugal. O Convento é a día de hoxe unha nutrida galería de arte que inclui pezas de escultura e pintura do mestre portugués; os arredores axardinados están poboados por esculturas que se integran no medio coma se de elementos naturais se tratase, e é que os materiais que o mestre utiliza están tomados da natureza directamente.
José Rodrígues é un dos fundadores e mecenas da Bienal Internacional de Arte de Cerveira, que conta con instalacións permanentes na vila e que leva uns trinta anos celebrándose, cun nivel de calidade artística en todos os campos que o converte nun dos máis importantes do país.
A celebración da Bienal desde fai tantos anos, é unha das cousas polas que Cerveira é chamada "vila das Artes". E é que Cerveira foi fundada por un rei portugués, que cultivou o xénero literario máis antigo da literatura galego-portuguesa, as cantigas, e cuxas composicións son estudadas cada ano nos institutos polos estudantes galegos ( "Levantou-s´a velida,/levantou-s´alva./e vai lavar camisas/e-no alto./Vai-las lavar alva...")
A fortaleza do rei é hoxe unha das "pousadas" da rede de paradores do país, a Pousada Dom Dinís. Neste mesmo pobo tamén se celebra a "Dancerveira", o Festival Internacional de Danza.
Pero é que Cerveira tamén ten unha escola universitaria, a "Gallaecia", unha sé da universidade para persoas maiores, un museo sobre o río Miño, o "Aquamuseo", un porto deportivo, unha piscina cuberta que tamén dá servizo a usuarios do lado galego, ao ser a única da zona. Tamén ten un auditorio ao aire libre onde a miúdo se ofrecen actuacións de distinto tipo; tamén hai biblioteca e sala de exposicións. Hai mercado cada día e abre as súas portas para vender carne, peixe, froitas e verduras; tamén ten unha tenda ao por maior de productos agrarios cuxos clientes son maioritariamente galegos; un cámping; un par de empresas que ofrecen paseos fluviais en barco.... En fin, que aínda podo seguir!!!
Ademáis diso, Cerveira é unha vila fermosa, tranquila, segura e onde a calidade de vida é moi alta. Os cerveirenses son amábeis e acolledores e proba diso é a cantidade de persoas que escolleron o lugar para vivir permanentemente ou como segunda residencia. A Quinta das Mineirinhas é un exemplo de complexo turístico respectuoso co medio polo ben integrada que está nas montañas de Loivo. Alí, ademáis da posibilidade de poder alugar un apartamento de catro estrelas e disfrutar de todos os servizos que ofrece, incluído o Restaurante A Casa das Velhas (o mellor de Cerveira, sen dúbida), hai quen merca casa e vive permanentemente, atraída polo paradisíaco da paisaxe.
Por todo isto e moito máis, deberiades vir dar unha volta por Vila Nova de Cerveira. Poñede rumbo ao cervo que coroa a montaña e chegaredes sen perda. Igual ata nos vemos!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario